Aprender empoderamento feminista na Coruña

A Concellería de Igualdade do Concello da Coruña puxo en marcha unha escola de "empoderamiento feminista" co obxectivo de "fomentar a toma de conciencia persoal das mulleres".


|

19 03 18 Nota Escola De Empoderamento Feminista


A Concellería de Igualdade do Concello da Coruña puxo en marcha unha escola de "empoderamiento feminista" co obxectivo de "fomentar a toma de conciencia persoal das mulleres".

Así o informou, en rolda de prensa, a concelleira desta área, Rocío Fraga, que presentou o acto que se celebrará o día 3 de abril coa pensadora e profesora Silvia Federici.

Sobre esta iniciativa, indicou que se trata de un programa municipal "con vocación de estabilidade", que nace para ofrecer un recurso de formación para a cidadanía e buscar unha participación "máis activa" das mulleres, así como a inclusión das diversidades nos diferentes ámbitos da vida.

"TOMA DE CONCIENCIA PERSOAL"


Respecto diso, a concelleira asegurou que se trata dunha iniciativa "que entronca coa prevención das violencias machistas e que está vinculada ao traballo de reforzo do empoderamiento feminista, esa toma de conciencia persoal de sentirnos as mulleres obxectos de dereitos, de capacidades e de intereses propios".

O calendario de actividades previstas presentarase o 3 de abril nun acto de apertura que consistirá nunha conversación aberta coa activista, pensadora feminista e profesora na Universidade de Hofstra de Nova York, Silvia Federic.

relacionada ​Universitarias lanzan clases de autodefensa contra acosadores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE