Éxito nas máis de 30 mobilizacións convocadas en Galicia en contra da sentenza de 'La Manada'
O feminismo galego organizouse de forma espontánea ou planificada para responder á sentenza da Audiencia Provincial de Navarra que condena aos cinco integrantes de 'La Manada' a 9 anos de prisión por 'abuso sexual'.
Imaxe: Plataforma feminista Lugo
Ás sete e media da tarde do 26 de abril as rúas de toda Galicia empezaban a encherse. Algunhas das mobilizacións convocadas en máis de trinta localidades empezaban ás 19h30, a maioría ás 20h00 e outras ás 21h00. Antes ou despois, o feminismo galego organizábase de forma espontánea ou planificada para responder á sentenza da Audiencia Provincial de Navarra que condena aos cinco integrantes de 'La Manada' a 9 anos de prisión por 'abuso sexual'.
De norte a sur de Galicia oíase "Non é abuso, é violación", a resposta a un fallo xudicial que non só afecta á vítima deste caso en particular. Os colectivos feministas galegos consideran que as mulleres "non temos proteción da lei, estamos desamparadas", segundo declarou Pili Estévez -Plataforma Feminista Galega- a Galiciapress.
As imaxes do día de onte repítense: centos de mulleres e homes que acompañan enchendo as rúas e as prazas ao unísono. En Compostela as manifestantes reuníronse na Praza 8 de marzo, para arrincar unha marcha que acabou enchendo a Praza da Quintana. Ao ritmo dos tambores da batukada feminista as asistentes repetían consignas como "Non é non", "Non é abuso, é violación" ou "Imos acabar coa xustiza patriarcal".
#Compostela #EuCreote pic.twitter.com/0fBXA3sIAe
— 8M Gz (@8MGaliza) 26 de abril de 2018
Vigo e A Coruña rexistraron as mobilizacións máis multitudinarias. "A complicidade institucional é violencia patriarcal" podíase ler en en a pancarta principal da cidade olívica. A concentración empezou delande do MARCO, de onde partiu a manifestación polo centro da cidade. "Contra todo agresor a manda somos nós" ou "Eu si te creo" eran algúns dos berros que tamén se escoitaban na Coruña, onde a convocatoria estaba fixada para as 20h00 no Obelisco.
Rebelión, desobediencia, contra a súa violencia// Vídeo do remate dá manifestación en Vigo. #aManadaSomosNós pic.twitter.com/W7Ou6MLF7bh
— Galiza Contrainfo 🔥 (@gzcontrainfo) 26 de abril de 2018
Na Coruña berrando: "Non é xustiza se é machista" pic.twitter.com/I923rXuIjx
— Galiza Contrainfo 🔥 (@gzcontrainfo) 26 de abril de 2018
Concentración de Lugo. NON É ABUSO, É VIOLACIÓN!!
— Estupenda Falagan (@sarainhaOH) 26 de abril de 2018
#JusticiaPatriarcal#noesno #LaManada pic.twitter.com/kRJug5i3Bl
Lugo, Ourense, Ferrol, Pontevedra, Vilalba, Noia, Ribadeo... así ata as 32 mobilizacións convocadas na nosa comunidade.
Algunhas políticas apoiaron e acudiron ás manifestacións, mostrando o seu rexeitamento total cara á sentenza en redes sociais.
A sentenza sobre A Manda é vergoñenta, inxusta e machista, desincentiva a denuncia dás agresións e violacións, e envía unha mensaxe de impunidade vos violadores que ataca a nosa dignidade como cidadás con dereito a vivir sen medo e violencia. A XUSTIZA SE É MACHISTA NON É XUSTIZA
— Ana Pontón (@anaponton)
Porque é indignante que ante unha agresión clara de violencia machista ou debate sexa como dar vos pasos para evitala culpabilizando ás vítimas. A autoorganización de mulleres é a única solución. Tócanse a unha respostamos todas! Hoxe #EuVou #HermanaYoSíTeCreo pic.twitter.com/DQsYcLxoNS
— Carmen Santos Q. ✊🌊 (@CarmenSantosQ) 26 de abril de 2018
Dannos dúas opcións:
— Noela Branco Rodríg (@Noelablanco) 26 de abril de 2018
-Resistir,mátante;
-Senón resístesche, non é violación. De verdade estas son as únicas opcións??Dicimos BASTA XA de q ante unha violación,ou q xulguen sexa lla vítima "se moveu"ou non. #vergoñento #LaManadaSomosNosotras #YoSiTeCreo #eusitecreo
O movemento feminista galego volveu a saír á rúa e a demostrar, como o fixo o 8 de marzo, que as mulleres xa non teñen medo e están dispostas a loitar.
Escribe o teu comentario