O movemento feminista chama á rúa en resposta á sentencia de 'La Manada'

“Hoxe é un día moi triste e moi grave para todas as mulleres porque na sentencia non se considera unha agresión sexual, senón un abuso. É dicir, non temos protección da lei. Estamos desamparadas.”, declara Pili Estévez, parte da Plataforma Feminista Galega, a Galiciapress.


|

28953674 1696947100391774 5336996784523479069 o

Manifestación 8 de marzo | Imaxe: Plataforma Feminista Galega


A resposta á sentencia anunciada hoxe pola Audiencia Provincial de Navarra non se fai esperar. En máis de 30 municipios galegos, e centos en todo o Estado, hai convocadas movilizacións baixo o lema #EuCréote en solidariedade coa vítima de ‘La Manada’.


No veredicto publicado hoxe, Antonio Manuel Guerrero Escudero, Jesús Escudero, José Ángel Prenda, Alfonso Jesús Cabezuelo e Ángel Boza foron condenados a nove anos de prisión e cinco de liberdade vixiada por un delito de abuso sexual. “Hoxe é un día moi triste e moi grave para todas as mulleres porque na sentencia non se considera unha agresión sexual, senón un abuso. É dicir, non temos protección da lei. Estamos desamparadas.”, declara Pili Estévez, parte da Plataforma Feminista Galega, a Galiciapress.


A Fiscalía e a acusación particular pedían unha condena de 22 e 25 anos, respectivamente, para os cinco integrantes do grupo por agresión sexual, delito do que foron absoltos na sentenza. “Temos que darlle unha visión feminista á lei para que nos protexa” di Estévez, que pensa que o feito de non ser considerada unha agresión cuestiona “a nosa conduta, a nosa vida privada, e a nosa liberdade”.


O movemento feminista declarara unha ‘Alerta Feminista’ para o día de hoxe, á espera da publicación do veredicto para dar unha resposta social. “É importante a resposta social masiva fronte a este tipo de sentencias, non pode quedar na impunidade social”, declara Pili Estévez. Para ela a condena ten que ser un exemplo: “[hai que] condenar moralmente unha conduta [da ‘Manada’] porque esa muller non era libre”.


As concentracións, que xa se contan por ducias, foron xurdindo ao longo da tarde de forma espontánea en moitas vilas.




Pili Estévez aposta por unha revisión do código penal na que as leis teñan unha “visión feminista da nosa realidade como mulleres para sentirnos persoas libres de pleno dereito sen ningún tipo de condicionamento”. “Isto é un precedente terrible, e ten que iniciarse unha resposta e unha análise contundente da situación”, conclúe. 

relacionada A Xustiza reabre o caso contra 'o Chicle' pola violación da súa cuñada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE