​Búscanse nomes de mulleres ilustres para dedicarlles rúas e prazas

O concello de Ourense convoca o proceso de participación veciñal co fin de poñer en valor a contribución das mulleres na historia.


|

Praza maior ourense

Praza Maior de Ourense. Foto: Turismo.gal


O Concello de Ourense convocou un proceso de participación veciñal para a presentación de propostas de nomes de mulleres relevantes para que dean nome ás prazas e rúas da cidade.


Poderán ser propostas, segundo as bases da convocatoria, "mulleres relevantes, preferentemento ourensás e galegas, destacadas na defensa dos dereitos das mulleres, o feminismo ou a loita pola igualdade de xénero".


O obxectivo deste proxecto, como informa o goberno local, "é reimpulsar a visibilización e posta en valor da contribución das mulleres á historia" a través da asignación de nomes de mulleres ou de efemérides relacionadas coa igualdade nos novos edificios e dotacións públicas e nas rúas e prazas da cidade. O concello encargarase de divulgar o seu coñecemento cando entren a formar parte do patrimonio urbanístico da cidade.


EQUIDADE DE XÉNERO


O Concello de Ourense presentou, ademais, xunto con diferentes colectivos sociais e representantes de todas as áreas municipais, o seu III Plan para a promoción da equidade de xénero, un documento impulsado desde o Centro de Información Municipal á Muller (CIMM) e no que colaboraron o Consello Municipal de Igualdade, integrado por unha representación de todos os estamentos institucionais de Ourense, a Comisión de Violencia de Xénero e os diferentes partidos políticos.


"O que agora temos entre mans é unha ferramenta para a xustiza social", dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na súa presentación. O plan vai máis aló da igualdade e busca busca a equidade nas relacións entre traballadores e traballadoras coa cidadanía, segundo explicou posteriormente Elisa Gómez, da consultora encargada da súa redacción. Como novidade, o plan de equidade inclúe tamén os colectivos LGTBi.


"É, pois, unha ferramenta á que estamos obrigados e obrigadas a darlle uso, pois estamos a falar dun tema transversal a toda a acción de goberno, a todas as Concellerías", sinalou o rexedor, que cualificou de "inescusable" a súa posta en práctica.


UNANIMIDADE


O III Plan para a Promoción da Equidade de Xénero do Concello de Ourense foi aprobado por unanimidade en sesión plenaria común do día 1 de decembro de 2017. "Aínda queda moito máis por facer para poder dicir abertamente que vivimos nunha sociedade realmente igualitaria en termos de xénero", insistía Elisa Gómez na súa exposición.


relacionada Galicia ten a taxa de denuncias de violencia machista máis baixa de España
relacionada A violencia machista, "máis presente" e "menos denunciada" no rural
relacionada As mulleres do rural reclaman "empoderamento e voz" para deseñar o futuro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE