Galicia ten a taxa de denuncias de violencia machista máis baixa de España

Os últimos datos, que abarcan o verán pasado, revelan que aumenta o número de mulleres que rexeita declarar contra o seu maltratador.


|

Niunamenosmachismo


O número de denuncias por violencia machista creceu nos xulgados galegos un 11 por cento no terceiro trimestre do ano, ao pasar de 1.431 a 1.589 fronte ao mesmo período do ano anterior. Con todo, as ordes de protección e medidas de seguridade para as vítimas baixaron neste mesmo período.


Concretamente, segundo os datos publicados este mércores polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, en Galicia solicitáronse 478 ordes de protección e medidas de protección e seguridade das vítimas neste período fronte ás 497 de 2016, o que significa un descenso do 3,8 por cento. Das incoadas, adoptáronse 296, o 62 por cento.


En canto ás denuncias, a maior parte delas (1.057) chegaron aos xulgados a través de atestados policiais, con denuncia da prexudicada.


DISPENSA PARA NON DECLARAR


Doutra banda, tamén subiu o número de casos de vítimas que se acollen á dispensa para non declarar contra o seu maltratador. Desta forma, no terceiro trimestre de 2016 optaron por esta opción 98 mulleres, mentres que este ano fixérono 108, isto é, o 6,8 por cento das vítimas.


Con estes datos, Galicia sitúase este trimestre como a comunidade cunha taxa de violencia machista (mulleres vítimas por cada 10.000 mulleres) máis baixa do Estado: 10,71 persoas fronte ás 17,23 de media estatal.


DATOS ESTATAIS


No conxunto do Estado, contabilizáronse 42.571 denuncias, un 11,7% máis que no terceiro trimestre de 2016. Case un 69% foron presentadas pola propia vítima e aínda que aumentaron as denuncias presentadas por familiares, a cifra total apenas representou un 2,3% das denuncias que chegaron aos órganos xudiciais.


Sobre isto último, a presidenta do Observatorio, Ángeles Carmona, alertou de que a incidencia das denuncias de familiares é "escasa" pola falta de concienciación e sensibilización social e familiar, un terreo, ao seu xuízo, "onde máis se pode gañar no combate contra o terror de xénero".


SETE DE CADA DEZ, CONDENADOS


O Observatorio destaca deste terceiro trimestre de 2017 que os órganos xudiciais ditaron un total de 10.365 sentenzas penais no ámbito da violencia de xénero, das que un 70 por cento (7.244) foron condenatorias.


"Hai que destacar este aumento das condenas aos maltratadores, que alcanza o seu mellor dato histórico, polo que ten de valor en si mesmo e pola mensaxe exemplarizante que desprende: non hai impunidade para a violencia machista", subliña a presidenta deste organismo, Ángeles Carmona. Por primeira vez, o Observatorio introduciu estatísticas con datos trimestrais desde 2012.


relacionada ​En 2018 Galicia terá un fiscal delegado contra a violencia machista
relacionada Igualdade asume que contra a violencia machista hai que "poñer o foco no maltratador"
relacionada A violencia machista, "máis presente" e "menos denunciada" no rural

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE