"Ata a cona de cobrar menos", campaña do BNG polo Día da Muller

Sen medo a non ser politicamente correctas e reivindicando o papel da muller máis aló das campañas rituais. Así presentaron as mulleres nacionalistas a súa campaña para o 8M, campaña que usa unha palabrota e rise dunha iniciativa similar, pero de ton máis ridículo, que lanzou o Goberno Galego. O Bloque dálle a volta ao anuncio "paternalista e cosificador" da Xunta e defende a necesidade dunha iniciativa "provocadora e clara".


|

Sen medo a ser politicamente incorrectas e reivindicando o papel da muller máis aló das "campañas rituais". Así presentaron as mulleres nacionalistas a súa iniciativa para o 8M, que usa unha palabrota e rise dunha campaña similar, pero de ton máis cursi, que lanzou o ano pasado o Goberno Galego. O Bloque dálle a volta a aquel anuncio "paternalista e cousificador" da Xunta e defende a necesidade dunha iniciativa "provocadora e clara".


Campaña do BNG polo 8M


A campaña do BNG con motivo do día internacional da muller, o próximo 8 de marzo, leva polo lema 'Ou máis grande de Galiza está até a cona', no que pretende ser unha iniciativa "provocadora, pero tamén clara".

A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, descubriu este martes o cartel da campaña nun panel publicitario situado fronte ao Parlamento galego, xunto a outros cargos e mulleres da formación.

Ante unha situación de "desigualdade e violencia", o BNG considerou "necesario unha resposta con contundencia": "Por iso dicímoslle ao PP e a Feijóo, e estou segura de que o van a entender, que o máis grande de Galicia está ata a cona", aseverou Pontón.

Con este lema, os nacionalistas danlle a volta ao anuncio que realizou a Xunta para o pasado 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, e que, baixo o lema 'O máis grande de Galicia non se maltrata', xerou críticas por parte de partidos da oposición e outros colectivos que viron nel a "cousificación" da muller.


SEN MEDO A ROMPER CO POLITICAMENTE CORRECTO

"Repito, o máis grande de Galicia está ata a 'cona' de cobrar menos por realizar o mesmo traballo, de ver como as mulleres son maltratadas e asasinadas pola violencia machista. Estamos fartas de que a conciliación da vida familiar e laboral sexa unha carreira de obstáculos que recae sobre as nosas costas e estamos fartas de que nos toque a peor parte polo simple feito de ser mulleres", sentenciou a líder do Bloque.



Consciente de que esta campaña "racha co politicamente correcto" , Ana Pontón xustificouna porque ante a situación que "están a sufrir as mulleres non valen as medias tintas".

"Vemos que están a crecer as desigualdades e que hai un 'neomachismo' que tamén está a crecer e que está instalado precisamente nos gobernos do PP da Xunta e do Estado", expuxo.

Así, os dous "detonantes claros" que levaron aos nacionalistas para apostar por esta fórmula "politicamente incorrecta" foron as palabras do presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, cando lle preguntaron sobre a fenda salarial --"díxonos literalmente 'non nos metamos niso'", lembrou Pontón-- e as campañas "paternalistas e cousificadoras da Xunta", que, ao seu xuízo, "o que están é retratando o papel que o PP quere para as mulleres".


CRÍTICAS ÁS "CAMPAÑAS RITURALES" DA XUNTA

A campaña da Xunta contra os malos tratos presentaba á muller galega como "unha xigante" ante as adversidades, rodeada dos principais monumentos das catro provincias galegas.

Agora, ante o día internacional da muller, o BNG "pretende denunciar as desigualdades, abrir un debate sobre o que está a pasar neste momento e dicir alto e claro que ante os 8 de marzo non valen de nada as campañas rituais", incidiu Pontón.

De feito, referiuse a "eses lazos lila que se verán seguramente nas lapelas dos señores do PP", e engadiu que "tampouco valen de nada as palabras baleiras de contido que non se acompañan de feitos que realmente defendan a igualdade e os dereitos das mulleres".

CHAMAMENTO Á MOBILIZACIÓN


Por último, a portavoz nacional do Bloque fixo un chamamento á mobilización nos actos que están convocados ao longo do mes de marzo, con "unha primeira cita importante" o día 4 cunha manifestación en Vigo ao mediodía que entende que "ten que ser masiva".

Así mesmo, animou ás mulleres "a que se deixen sentir na folga do 8 de marzo, nos centros de traballo, no consumo e nos fogares". "Porque é evidente que o mundo non funciona sen mulleres e as mulleres non queremos seguir funcionando con desigualdade", finalizou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE