Lídia Senra, Paula Verao e Olga Otero presentan "Ou feminismo, imprescindible para contruír outra Europa" en Chantada

"De bo rollo nunca imos alcanzar o recoñecemento dos nosos dereitos". A europarlamentaria Senra é a coordinadora do libro que recolle textos de diferentes mulleres. 


|

Lidiasenrafeminismos

Xornada O nesgo machista na aplicación das políticas | Imaxe: Ou Feminismo, imprescindible para construír outra europa


A Casa dos Veciños e Veciñas de Arcos, en Chantada, acolle este sábado 14 de abril a presentación do libro O Feminismo, imprescindible para construír outra Europa, coordinado pola eurodeputada Lídia Senra. O acto, que empeza ás 16.30h, será presentado pola parlamentaria europea, a deputada no Parlamento de Galicia Paula Verao e a veciña de Arco Olga Otero. 


O libro recolle os textos de varias mulleres participantes na xornada co mesmo nome que tivo lugar en Ourense en novembro de 2016 baixo a coordinación de Senra e na visita ao Parlamento Europeo en 2015 onde se celebraba a xornada O nesgo machista na aplicación das políticas: o caso da Xustiza


"Ás mulleres non se nos regala nada". Senra afirma que para acabar co patriarcado "necesitamos ser inflexibles na deconstrucción do pensamento que o sustenta e na denuncia; temos que ter tolerancia cero con todas as manifestacións e prácticas machistas en todos os ámbitos", porque "de bo rollo nunca imos a alcalzar o recoñecemento dos nosos dereitos"


A versión impresa de O feminismo, imprescindible para construír outra Europa, conta cunha tirada inicial de 1.500 exemplares que se están repartindo gratuitamente por Galicia e tamén está dispoñible en aberto na súa versión dixital na web da eurodeputada. Vigo e A Estrada acollerán a presentación o 27 de abril e o 5 de maio respectivamente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE