España

Representantes de ENCE levan as súas protestas ante a sede socialista en Ferraz
Os comités de Ence na planta de Lourizán, na ría de Pontevedra, levarán este mércores á sede do PSOE en Ferraz as súas protestas en contra de que o Goberno decidise non defender a prórroga da concesión á factoría, que outorgou o Executivo de Mariano Rajoy en funcións.
A Xunta Electoral pon en cuestión a neutralidade da TVG

A Xunta Electoral provincial estima parcialmente os recursos de Cidadáns, que non foi convidado o debate electoral da cadea, e o partido laranxa sinala a Feijóo como responsable.

Por que Galicia nin é o País Vasco nin Cataluña

Resulta indiscutible que son razóns históricas ligadas ao modelo de desenvolvemento que tivo o capitalismo español as que están na base das diferenzas, por caso, de Galicia co País Vasco e Cataluña.

Desconvocan a folga en ‘handling’ nos aeroportos de España

A folga, que se ía a celebrar do 21 ao 24 de abril, foi desconvocada ao alcanzar un acordo.

Pedro Sánchez acepta que se celebren dous debates

A decisión de Sánchez supón que tanto a televisión pública como a privada acollerán un debate electoral cada unha.

A CRTVG antepon “intereses corporativos ao dereito fundamental da información”, denuncia o comité de empresa

O propio comité pide o cesamento dos responsables dos informativos pola censura que sofren.

​Pedro Sánchez acepta debater na televisión pública

O fallo da Xunta Electoral ha cambiado por completo o panorama dun debate a cinco na televisión privada e agora será RTVE a que auspicie o debate a catro.

Laura Duarte (PACMA): “Defendemos a xustiza social, non só os dereitos dos animais”

O PACMA vai camiño de entrar no Congreso, con ata dous deputados segundo o CIS, e á fronte dos animalistas está unha galega. Galiciapress entrevista a Laura Duarte (Vigo, 1986), única muller candidata a presidir o Goberno de España. Número de 1 por Madrid, a xornalista explica cal sería a estratexia do seu partido á hora de conformar Goberno, descartando negociar con Vox. As problemáticas ambientais en Galicia -advirte que non estamos preparados para outro Prestige -, o seu modelo de Estado e a reforma da lei electoral son outros dos temas desta conversación.

Arquivada a investigación dunha as mortes nas Urxencias do CHUS

O Ministerio Público alega que "non se apreciaron indicios de delito" e a letrada de Ou'Mega analiza a posibilidade de acudir á vía xudicial tras este revés.

O Ministerio do Exterior aconsella onde non viaxar en Semana Santa

O Goberno de España recomenda non viaxar a Sudán, Libia ou Brunei por distintos motivos.

Feijóo de Vox: "Despois de dicir 'Viva España'...que? De que cona sabedes?"
O líder do PPdeG encomia a Rajoy, quen "soubo estar a se deber unicamente ao interese xeral" e "irse cos seus principios intactos"
O presidente do TSXG sobre a sanción a De Lara: "Falamos da responsabilidade do xuíz, que é a mesma sexa home ou muller"

Cadeas, que se xubila o 11 de abril, rexeita que a sanción a De Lara dane á Xustiza. "O que podería danala son espazos de impunidade", di. 

O castigo a Torra, despois das xerais

O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) pronunciarase sobre a querela por desobediencia a Quim Torra, presidente da Generalitat, pasadas as eleccións.

O CESM secundará a folga en Atención Primaria de abril
A Confederación Española de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) secundará a folga convocada en defensa da Atención Primaria en Galicia en demanda dun financiamento "xusto, independente e finalista" que "permita a dotación dos recursos humanos e técnicos necesarios para manter unha sanidade pública digna e de calidade".
O incendio de Rianxo obriga a desaloxar o instituto da localidade

A proximidade das chamas obrigou a desaloxar aos escolares do centro. 

As dereitas reaccionarias

É ben sabido que as enquisas que publican a maior parte dos medios de comunicación e opinión teñen un obxectivo non explícito pero si evidente: condicionar e orientar o voto en dúas direccións.

As empregadas de ABANCA mobilízanse en Lugo pola excesiva carga de traballo

A CIG informa que as empregadas tamén denuncian a discriminación á que son sometidas por parte da entidade bancaria.

​Galicia contará con representación na manifestación independentista en Madrid

BNG, Anova, Esquerda Unida e Podemos estarán presentes, xa sexa de maneira oficial ou simbólica, na manifestación de Madrid en apoio ao Procés.

O "agresor" que propinou unha puñada ao coordinador de Vox Pontevedra é o mesmo que pegou a Rajoy

O agredido presenta denuncia por lesións e delitos de odio e a formación analiza pedir que leve o caso coma se fose "terrorismo".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE