Galicia contará con representación na manifestación independentista en Madrid
BNG, Anova, Esquerda Unida e Podemos estarán presentes, xa sexa de maneira oficial ou simbólica, na manifestación de Madrid en apoio ao Procés.
BNG, Anova, Esquerda Unida e Podemos estarán presentes, xa sexa de maneira oficial ou simbólica, na manifestación de Madrid en apoio ao Procés.
Distintas forzas de Galicia apoiarán a protesta que terá lugar hoxe en Madrid en favor do independentismo catalán e do dereito de autodeterminación. Así, BNG, Anova e Esquerda Unida mostraron o seu apoio oficial á manifestación, mentres que Podemos, que non apoiou oficialmente as protestas, tamén estará presente.
Baixo o lema ‘Non hai democracia sen dereito a decidir’, os organizadores esperan reunir a preto de 50.000 persoas nas rúas da capital, para así desacreditar o xuízo do Procés que se está celebrando no Supremo.
Ademais, a manifestación busca ter un efecto dobre, xa que esperan superar a manifestación da dereita na praza Colón que tivo lugar hai unhas semanas.
Segue lendo esta noticia en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario