España

O Goberno de España e o coronavirus

Resulta natural que un goberno novo e plural con escasa ou nula experiencia de goberno precise dun certo período de axuste para facerse cargo das pancas de poder, para delimitar claramente as responsabilidades individuais e colectivas e para poñer en marcha a engrenaxe dunha nova distribución de responsabilidades nos distintos ámbitos da administración pública.

Penas de ata 4 anos de cárcere para os que acosen a traballadores de sectores esenciais

Desde hai días veñen reproducindo e multiplicando as mensaxes de odio dunha parte da cidadanía contra os profesionais de sectores esenciais, como os sanitarios e traballadores de supermercados. Os afectados denunciaron en redes sociais o acoso ao que están a ser sometidos, que o Código penal contempla como un delito penado con ata 4 anos de cárcere. 

​España experimenta un lixeiro repunte na cifra de falecidos por coronavirus con 567 mortes

As cifras deste martes son algo peores que as da xornada pasada, cando se rexistraron medio centenar menos de decesos. Con todo, e a pesar deste lixeiro aumento despois da Semana Santa, o número total de contagios nas últimas 24 horas é realmente alentador, con só 3.045 novos casos, a mellor cifra desde o comezo da pandemia. 

​España rexistra as súas mellores cifras desde o momento crítico da pandemia e só 517 mortes

Este luns os datos arroxados polo Ministerio de Sanidade eleva o número total de contaxiados en toda España a 169.496 casos. Nas últimas 24 horas só anotáronse 3.477 casos máis, un crecemento de apenas un 2%. Ademais, xa se curaron 64.727 pacientes e o número de altas nun só día aproxímase cada vez máis ao de infectados, con 2.336 altas este luns. 

26 de abril: data na que se irá recuperando "a vida normal" de forma "progresiva e ordenada"
A ministra de Facenda e portavoz do Goberno, María Jesús Montero, situou o inicio da relaxación (desescalada) do actual confinamento a partir do próximo 26 de abril e advertiu de que a retirada das medidas de illamento realizarase en calquera caso de forma "progresiva" e "ordenada" atendendo ás recomendacións que fagan os expertos tras analizar a evolución dos datos destas dúas semanas próximas.
Unión Europea: para que cambiar?

Nunca a Europa de dúas velocidades viuse tan clara nas conversacións ou discusións, chámenas Vds. como desexen, que manteñen esta semana os líderes da Unión Europea

A "normalidade laboral" volverá cando termine a Semana Santa, asegura o Ministerio de Facenda

A portavoz do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero, indicou este martes que o permiso retribuído recuperable aprobado polo Executivo para a restrición das actividades non esenciais conclúe este mércores, en véspera dos días festivos de Semana Santa, polo que se recuperará a "normalidade laboral" o luns, e avanzou que se traballa en "distintos escenarios" para a seguinte fase de "desescalada" das medidas de confinamento.


O Goberno de España solicita unha nova prórroga do estado de alarma ata o 26 de abril
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, decidiu solicitar unha nova prórroga do estado de alarma ata o próximo 25 de abril, inclusive, tras escoitar as recomendacións do grupo de científicos que asesora ao Goberno e despois de reunirse co Comité Técnico de Xestión do coronavirus, confirmaron a Europa Press fontes gobernamentais.
O coronavirus: a socialdemocracia choca coas súas políticas

Cando Yanis Varoufakis apelaba ao que pasa por ser un dos principios da Unión Europea, a solidariedade entre estados, a socialdemocracia europea aliñada cos liberal-conservadores contestoulle que NEIN. 

​En casa ata a ponte de maio: Sánchez podería anunciar a prórroga esta fin de semana

A decisión parece practicamente tomada desde Moncloa. A expensas da reunión telemática do presidente do Goberno de España cos titulares dos gobernos autonómicos, desde o Goberno central xa traballan na proposta que presentarán ante o Congreso dos deputados para poder lograr o respaldo da cámara. 

​Os test confirman o positivo de Fernando Simón, portavoz de Sanidade, en coronavirus

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, encargado de comparecer para dar a actualidade nos datos de coronavirus, deu positivo na proba pola enfermidade. 

​España achégase aos 6.000 falecidos por coronavirus, con preto dun milleiro de falecidos nun só día

Os últimos datos de sanidade cifran en 5.690 mortos por coronavirus nas últimas 24 horas. Isto supón un subida de 832 falecidos desde o pasado venres. 

Aclarando, que é xerundio

A Europa de dúas velocidades sempre existiu, e en casos como o que nos ocupa, é aínda máis evidente e. por suposto a ollos deste xornalista, indecente ou inmoral.

O ministro de Sanidade pode caer ao confirmarse que España comprou máis de 50.000 test defectuosos en China

Os tests adquiridos teñen unha sensibilidade do 30 por cento, cando deberían tela do 80 por cento. Salvador Illa empeza a recibir críticas doutros membros do Goberno.

​España achégase aos 50.000 contaxiados por coronavirus e aos 3.500 falecidos

Os datos do Ministerio de Sanidade testemuñan que seguen aumentando o número de casos, que se cifra actualmente en 47.610 positivos. Pola súa banda, Sanidade tamén ofrece os datos de persoas curadas, 5.367, e falecidos, 3.434. 

Sánchez comunica ás Comunidades Autónomas que a corentena durará, polo menos, 15 días máis do previsto

Desde o Goberno de España comunicaron a decisión aos líderes dos Gobernos autonómicos esta mañá durante unha reunión telemática para informar da situación actual e sobre a evolución da enfermidade neste tempo de corentena. 


​Pedro Sánchez pon en valor a resiliencia de cidadáns e persoal sanitario pero advirte que o máis duro está por chegar

Desde o Goberno de España piden á cidadanía fortaleza para chegar fortes mentalmente ao final da semana que vén, que será cando cheguen os días máis duros deste estado de alarma provocado polo coronavirus.

España preto de 20.000 positivos e máis de mil mortos por coronavirus

Hai 1.141 persoas ingresadas nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI)

Comisións Obreiras cifra en máis dun centenar de empresas galegas afectadas por un ERTE
Unhas 120 empresas galegas recorren á presentación un Expediente de Regulación de Emprego Temporal (ERTE) por mor da crise do coronavirus, segundo estimación de Comisións Obreiras.
​Vixiantes de seguridade sen máscaras nin luvas en plena crise polo coronavirus, denuncia sindicato

A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) denuncia que a maioría dos servizos de vixiantes os profesionais da seguridade non dispoñen de máscaras, luvas de látex ou xeles. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE