En casa ata a ponte de maio: Sánchez podería anunciar a prórroga esta fin de semana
A decisión parece practicamente tomada desde Moncloa. A expensas da reunión telemática do presidente do Goberno de España cos titulares dos gobernos autonómicos, desde o Goberno central xa traballan na proposta que presentarán ante o Congreso dos deputados para poder lograr o respaldo da cámara.

A data para a votación será, case con total probabilidade, o vindeiro mércores ou o xoves, momento no que só faltarían dous días para o fin do confinamento que aínda segue vixente. A nova prórroga sería, en principio, de dúas semanas máis, aínda que podería ser superior e levantarse o confinamento o 3 de maio.
Diversos estudos independentes e a OMS consideran que unha nova prórroga en abril é practicamente inevitable para poñer freo aos contagios e que os efectos do confinamento sexan notorios na expansión do virus.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario