Detido por chamar "fillos de puta, puercos, galegos de merda" a policías nun control de tráfico en Pontevedra

"Vouvos a matar", chegou a dicir o investigado aos axentes da Policía Local que procederon ao seu arresto.


|

Policu00eda local
Fotol: @g24noticias

 

Un rutineiro control de tráfico en Pontevedra converteuse en todo un manual de como insultar ás autoridades e, polo tanto, ir derechito ao calabozo por senllos delitos de resistencia, desobediencia e atentado contra axentes da autoridade. A protanista do ocorrido é unha persoa que protagonizou un grave altercado durante un control e que agora se enfronta a unha dura sanción.

 

UNHA TARDE DE IRA

Os feitos ocorreron ao redor das 1:30 horas da madrugada do pasado xoves, durante a realización dunha prubea de alcoholemia por parte dunha patrulla da Policía Local na cidade do Lérez. O condutor do vehículo atopábase realizando o test pertinente cando o acompañante comezou a insultar e ameazar aos axentes.

 

No relato dos policías detállase que lles dixo "fillos de puta, puercos, galegos de merda, sodes noxentos", cruzando, ademais, unha liña aínda máis perigosa: "Vouvos a matar", chegou a declarar mentres facía o xesto de degolalos coa man. 

 

A cousa foi a máis. Os resultados da proba de alcoholemia decretaron o que condutor tiña unha taxa moi superior á permitida: 0,69 mg/l en aire aspirado. Un familiar do piloto presentouse no lugar para facer cargo do turismo, pero de novo tívollas que ver co acompañante, que tamén a tomou con esta persoa, á que empezou a insultar, desistindo o primeiro en facer cargo do vehículo. 
 

Neste punto, foi necesaria a intervención do guindastre municipal para retirar o vehículo. O investigado volveuse aínda máis agresivo, tentando evitar que se retirase o coche da calzada, desobedecendo o mandato dos axentes e tratando de agredilos. Por estes feitos, e tras un forcejeo onde seguiu insultando e cuspindo aos axentes, terminaron por proceder á detención do agora procesado. 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE