Gráfica do coronavirus: Outro día de repunte de novos casos en Galicia cas peores cifras en duas semanas

Esta xornada Galicia vive o terceiro episodio da escalada de novos casos en toda a comunidade coas peores cifras en dúas semanas. Con 171 novos casos, que superan os 166 confirmados onte e os 169 do martes, Galicia evidencia este preocupante repunte, motivado en gran medida polos novos casos confirmados entre sanitarios que utilizaron o material de protección defectuoso, xa retirado polas autoridades sanitarias. 


|

Esta xornada Galicia vive o terceiro episodio da escalada de novos casos en toda a comunidade coas peores cifras en dúas semanas. Con 171 novos casos, que superan os 166 confirmados onte e os 169 do martes, Galicia evidencia este preocupante repunte, motivado en gran medida polos novos casos confirmados entre sanitarios que utilizaron o material de protección defectuoso, xa retirado polas autoridades sanitarias. 

Este erro ha costa xa máis dun centenar de contagios entre os sanitarios do SERGAS tras usar máscaras defectuosas. De non ser por esta neglixencia, Galicia probablemente continuaría freando o COVID-19, como levaba facendo as pasadas semanas.




Con todo, desde o Ministerio de Sanidade os datos que ofrecen ao redor das UCIs galegas seguen sendo prometedores. O descenso neste campo segue acrecentandose, con 92 pacientes nas Unidades de Coidados Intensivos


O descenso segue sendo moi paulatino, pero constante, sen interrupcións. De feito, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo o martes, antes de rebaixar o centenar de pacientes atendidos, que nas UCIs do SERGAS os pacientes con outras patoloxías xa son máis que os enfermos de coronavirus.




Antes de cantar vitoria na fronte das UCIS, haberá que esperar a ver o impacto do repunte de positivos nas UCIs. Algo que non se notará probablemente ata dentro de varias semanas. 



A principal preocupación hoxe da sanidade galega é saber como afectará o sistema este pronunciado repunte de novos casos, xusto cando a comunidade encaraba a curva descendente. Aínda que o cambio é evidente e preocupante, o seu impacto aínda é relativo. 


Está a supoñer un aumento do 2% diario de casos aproximadamente, porcentaxe propia de hai unha semana e non o esperable estes días. Galicia xa lograra reducir a súa taxa ao 0,8%, antes de coñecerse o escándalo das máscaras.  



Aínda que haberá que esperar a ver como evoluciona este rebrote e o impacto que pode chegar a ter sobre os grupos de risco, polo momento parece improbable que poña en risco a capacidade das UCIs galegas.




O repunte apréciase perfectamente xa na gráfica de casos acumulados. Agora ben, a súa virulencia é bastante menor da sufrida a finais de marzo e principios de abril, onde era habitual sumar 400 novos contaxiados ao día, aínda que a medida que pasan os días achégase á metade desas cifras. 


Mentres, no conxunto do Estado, os datos indican tamén unha lixeira subida no número de novos casos, aínda que non é especialmente preocupante comparada cos resgistros de días anteriores. 





En canto ás cifras de falecidos de hoxe, Galicia suma sete defuncións máis, polo que se mantén nas cifras que vén ofrecendo nas últimas semanas, moviendose entre os catorce e os seis casos ao día. Son falecementos en hospitais porque os datos oficiais seguen sen contar os mortos en residencias, a pesar de que cada día supoñen unha porcentaxe maior.



Este aspecto entre falecidos de residencias e hospitais non é baladí, xa que o que fai é ofrecer unhas cifras de falecidos irreais, tanto en Galicia como en España. Con todo, isto non quere dicir que as series estatísticas sexan inútiles, pois este erro arrástrase desde o principio da crise.




A gráfica de decesos en España está estabilizada ao redor dos 430 falecidos diarios desde fai catro xornadas. No día de hoxe son un total de 440 novos falecidos. Unha estatística dramática, pero tamén un chanzo menos que a semana pasada.



En canto ao número de novos postivos, España sufriu un lixeiro ascenso, con máis de 4.600 novos casos nas últimas 24 horas. 




A nota positiva ofrécena, un día máis, os casos de pacientes curados. Esta porcentaxe de casos curados cada vez é maior. Pronto, se non hai ningunha sorpresa, debería ser superior á porcentaxe de casos aínda activos.



Xa no plano internacional, Estados Unidos segue sendo o país coa curva de positivos máis pronunciada e se acerca de forma irremediable ao millón de casos. 



Made with Flourish


Mentres, o país norteamericano tamén é o que suma máis falecidos, roldando xa as 50.000 vítimas mortais.







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE