Defende a necesidade de "adaptarse aos cambios" e "avanzar" e asegura que o traslado de Celulosa (Ence) "aínda está pendente".
Carlos Del Álamo, conselleiro de Medio Ambiente durante boa parte da era Fraga, é o novo Conselleiro Coordinador de ENCE. Así o anunciou a pasteira esta semana.
En declaracións a Galiciapress, Beatriz Pino está convencida que o avance de Cidadáns (Cs) este domingo supoñerá un “efecto de arrastre” para os próximos comicios locais. De feito, a nova deputada pola provincia de Pontevedra advirte aos “alcaldes populistas” de Vigo e Pontevedra que os seus proxectos están “esgotados” e que os laranxas darán a badalada o 26 de maio.
Galiciapress entrevista á Vicesecretaria Xeral de Comunicación do PP, concluíndo a rolda de entrevistas con todos os partidos con opcións de sacar esacaño en Galicia. A profesora universitaria Marta González (Santiago, 1965) insiste en que non hai outro voto útil no centro dereita que o do PP. Unha hipotética saída de Feijoó a Madrid, o apoio á transferencia da AP9, o aborto e ENCE son outros dos temas desta conversación coa cabeza de cartel conservadora pola Coruña a poucas xornadas das eleccións xerais.
Piden a Sánchez ante a sede de Ferraz que, antes das eleccións, "non dea as costas" ás máis de 5.100 familias que poderían verse afectadas por un hipotético peche da factoría en Pontevedra.
Vázquez sae en defensa da celulosa, en cuxo consello de administración sentan dous compañeiros de partido, un ex-conselleiro de Medio Ambiente (Carlos do Álamo) e unha exministra de Medio Ambiente (Isabel Tocina). Nunha entrevista, pasa no bico dos pés sobre a imputación por prevariación ambiental dun director xeral e aborada as polémicas de Touro, Miramontes e Teo.
Acusa á Dirección Xeral de Costas de actuar como un "réxime bolivariano" xa que "se inventa unha interpretación falsa da lei".
Nesta entrevista con Galiciapress, a cabeza de lista de Cidadáns por Pontevedra argumenta que a cooficialidade non debe ser óbice para contratar a profesores que non falen galego. A xornalista viguesa, que leva case tres anos como xefa de prensa dos laranxas en Galicia, critica a PP e PSOE por poñer en dúbida a galeguidade do laranxas pero deixa claro que "cremos máis nas transparencia que na transferencia, o diñeiro de Madrid é o diñeiro de todos os españois". Ao ser preguntada sobre Vox, asegura que o seu partido nunca falou de formar unha coalición con eles. ENCE, a AP-9 e a polémica das armas son outros dos temas desta conversación.
Néstor Rego (1962) é cabeza de lista do Bloque ao Congreso pola Coruña. É, ademais, un dos pesos pesados do nacionalismo, ex-tenente de alcalde de Santiago e actual líder da UPG. Atende a Galiciapress para detallar o que perdeu Galicia nestes anos de ausencia do BNG nas Cortes e a recuperación da marca do nacionalismo galego. A polémica do Pazo de Meirás (el é un dos investigados pola Xustiza) ou o estatuto electrointensivo para Alcoa son outros puntos desta conversación, a primeira da serie de entrevistas que este medio publicará nas próximas semanas con candidatos ao #28A.
Celebrar o Día da Árbore arrincando eucaliptos. Isto é o que propón a iniciativa Cousas de Raíces. Por agora, xa hai case 20 colectivos que se sumaron. Para o día 23 de marzo, están previstas xornadas de deseucaliptización en 10 localidades das catro provincias; ademais doutra o 21 de marzo.