​Pino, nova deputada, quere un Cs á marxe dunha refundación dun PP “desesperado” e centrado en controlar aos "separatistas"


En declaracións a Galiciapress, Beatriz Pino está convencida que o avance de Cidadáns (Cs) este domingo supoñerá un “efecto de arrastre” para os próximos comicios locais. De feito, a nova deputada pola provincia de Pontevedra advirte aos “alcaldes populistas” de Vigo e Pontevedra que os seus proxectos están “esgotados” e que os laranxas darán a badalada o 26 de maio.


|

En declaracións a Galiciapress, Beatriz Pino está convencida que o avance de Cidadáns (Cs) este domingo supoñerá un “efecto de arrastre” para os próximos comicios locais. De feito, a nova deputada pola provincia de Pontevedra advirte aos “alcaldes populistas” de Vigo e Pontevedra que os seus proxectos están “esgotados” e que os laranxas darán a sorpresa o 26 de maio.



Beatriz piñeiro declaracións

Beatriz Pino, deputada electa de Cidadáns por Pontevedra


ADVERTENCIA AOS ALCALDES DE VIGO E PONTEVEDRA

A xornalista argumenta que todos os proxectos políticos teñen fases e cre que os de Abel Caballero e Miguel Anxo Fernández Lores están en declive. Como tamén ve “esgotado” o liderado que Alberto Nuñez Feijóo viña exercendo sobre o electorado galego.


A "DESESPERACIÓN" DE FEIJÓO

Ao presidente de la Xunta de Galicia critícalle pola súa “desesperación”. Con este termo refírese a o chamamento do mandatario do PPdeG na noite electoral para concentrar o voto do centro-dereita nunha única candidatura o 26M.


En conversación con esta redacción, interpreta que o proxecto do PP de Galicia xa superou a súa madurez e que agora mesmo “non ten percorrido”. Fronte a iso contrapón o auxe de Cidadáns Galicia, lembrando que no país creceu máis de tres puntos, logrando por vez primeira entrar no Congreso con dúas actas, unha para ela e outra por Coruña para Marta Rivera de la Cruz.


REFUNDAR O CENTRO DEREITA? NON, GRAZAS

Ante os chamamentos da prensa de dereitas a refundar o PP en diálogo con Cidadáns, a ex-xefa de comunicación dos laranxas en Galicia marca distancias. “Somos un partido de centro liberal, outros non poden dicir o mesmo” razoa antes de lembrar o xiro a unha “dereita moi escorada” aplicado por Pablo Casado. De paso, a ex-presentadora lembra as “públicas” diverxencias entre os proxectos que defenden o líder estatal e o presidente galego.


A PRIORIDADE, LIDERAR A OPOSICIÓN

A súa estratexia pasa por marcar distancias co PP, pero tamén cos socialistas. Pecharse a esa pretendida refundación do centro dereita, pero tamén a dialogar co PSOE de Pedro Sánchez para formar goberno. Pino apoia a postura do seu líder Albert Rivera e insiste que a prioridade laranxa é “gobernar este país” e non participar nun executivo que “non vai gobernar para todos os galegos e para todos os españois”.


O FUTUTURO DE ENCE E A AP-9

Por tanto, centraranse en controlar as “ocorrencias” de “Podemos e os separatistas” desde a oposición. 


Por exemplo, no referido á transferencia da AP-9. A deputada electa argumenta que a gratuidade total é imposible e que, desde logo, non a garante que a Xunta sexa a titular da Autoestrada do Atlántico.


Fronte a estas “promesas irrealizables”, a futura parlamentaria propón estender os tramos metropolitanos gratis, en concreto o Pontevedra - Redondela. Ademais, para paliar o “sablazo” das altísimas peaxes actuais, aposta por bonos descontos para os condutores que usan a vía a diario.


A prórroga de ENCE es outro asunto pontevedrés que depende da política estatal. A pesar de que os novos equilibrios de poder non pintan ben para a fábrica, aposta pola súa continuidade porque, di, a empresa demostrou con cifras na man que cumpre coas normas mediomabientales e, á vez, é evidente o seu papel crave na economía da cidade e da provincia.


En definitiva, a deputada debutante cre que Cidadáns debe seguir o seu propio camiño e aproveitar o seu crecemento en Galicia e en España; sen sentar a dialogar con “aqueles que queren romper España e non gobernar para todos os españois” e tamén sen embarrarse nunha hipotética refundación do centro-dereita debido o desastre do PP.

relacionada Non todo vai ser votar en serio: os mellores votos nulos
relacionada O porqué Feijóo, favorito para liderar unha refundación do centro dereita español, resístese por agora
relacionada ​O PSOE gaña as eleccións: e agora con quen goberna?
relacionada Cs será "a voz de Galicia en Madrid" fronte aos que "creron que era o seu feudo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE