ENCE nomea Conselleiro Coordinador a Del Álamo, ex-conselleiro co PP
Carlos Del Álamo, conselleiro de Medio Ambiente durante boa parte da era Fraga, é o novo Conselleiro Coordinador de ENCE. Así o anunciou a pasteira esta semana.
Carlos Del Álamo, conselleiro de Medio Ambiente durante boa parte da era Fraga, é o novo Conselleiro Coordinador de ENCE. Así o anunciou a pasteira esta semana.
Del Álamo xa estaba no Consello de Administración do grupo desde 2009 e ata agora era presidente da Comisión de Nomeamentos e Retribucións.
Carlos del Álamo | EP
O ascenso do ex-conselleiro prodúcese á vez que a substitución do presidente. A empresa nomeou presidente da compañía a Ignacio Colmenares, ata a data Conselleiro Delegado e Vicepresidente da empresa. Substitúe a Juan Luís Arregui, que é nomeado Presidente de Honra tras tece anos levando o temón do grupo.
Os cambios chegan cando ENCE está no centro do debate político galego e estatal. O PP e Cidadáns criticaron a decisión do Goberno do PSOE de non defender a prórroga da celulosa en Pontevedra, recorrida polo goberno local do BNG e á que tamén se opoñen as mareas e o PSdeG.
PORTAS XIRATORIAS EN ENCE
DEL Álamo foi Presidente-Decano do Colexio e Asociación de Enxeñeiros de Montes. Ademais de na Xunta, tivo cargos de responsabilidade na Administración do Estado.
Non é o único cargo dos conservadores presente no goberno de ENCE, onde tamén conselleira a ex-ministra de Medio Ambiente Isabel Tocino.
Escribe o teu comentario