Esperas de máis de catro horas en urxencias de Vigo, Cangas e A Guarda

O sindicato CIG-Saúde denunciou este luns a falta de persoal médico en varios centros sanitarios da área de Vigo, "o que provocou demoras de máis de catro horas na atención".


|

1000059582
#PAC de Cangas

 

 

 


Así, a central nacionalista ha sinalado que o pasado 31 de decembro produciuse unha ausencia na PAC da Guarda, e outras o pasado venres na PAC de Vigo, e este domingo en Cangas. "Esta situación dáse en datas de gran presión asistencial, cos centros de saúde pechados en festivos e con parte do persoal facendo uso de permisos", advertiu a CIG.

Nese sentido, CIG-Saúde apuntou que se está derivando a pacientes en quenda de tarde, "e sobrecargando aínda máis a asistencia dos dispositivos de urxencias de atención primaria", até o punto que "nalgún centro superáronse os 80 pacientes por facultativo" e iso derivou en esperas de máis de 4 horas.

Ademais, o sindicato advertiu de que a situación pode empeorar unha vez que se resolva a OPE, xa que "a área sanitaria de Vigo sufrirá unha perda de profesionais".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE