Os traballadores din que o de ENCE non é un problema ambiental, só de permisos

A Avogacía do Estado emitiu un informe, con data do 24 de novembro do 2015, que era favorable á prórroga da fábrica de Ence en Pontevedra por ser esta "conforme a dereito". A dirección da compañía pasteira puxo o documento a disposición dos membros dos comités de empresa.

|

Os operarios quéixanse polo uso da fábrica por motivos electorais e advirten que sairán ás rúas para defender os seus empregos. A primeira mobilización, no pleno da Deputación.


A Avogacía do Estado emitiu un informe, con data do 24 de novembro do 2015, que era favorable á prórroga da fábrica de Ence en Pontevedra por ser esta "conforme a dereito". A dirección da compañía pasteira puxo o documento a disposición dos membros dos comités de empresa. En base a isto, os asalariados argumentan que hai unha saída legal para manter a prórroga da polémica concesión.



Ence 4

Fábrica de Ence en Lourizán


Este informe previo sobre a legalidade de prorrogar ata o 2073 a concesión dos terreos que ocupa a fábrica de Lourizán contradi o argumento esgrimido este martes ante os representantes dos traballadores por parte do director de gabinete da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, Ismael Aznar.


Segundo informaron este mércores en rolda de prensa os presidentes dos comités de empresa da fábrica, Ignacio Acuña e das oficinas centrais de Ence, Ana Cedeira, este portavoz do Ministerio de Transición Ecolóxica díxolles que o Goberno presidido por Mariano Rajoy concedeu a prórroga sen informe xurídico previo da Avogacía do Estado.


Posteriormente, cando este se emitiou, sinalou, foi negativo ao criterio aplicado para prorrogar a presenza da fábrica en Lourizán, razón pola que o Goberno de Pedro Sánchez decidiu non defender a prórroga ante a Audiencia Nacional.


CRÍTICAS AO USO ELECTORAL

Os presidentes dos comités de empresa lamentaron o reiterado uso electoralista que se fai da fábrica de Ence e expresaron a súa intención de acudirse nas causas abertas contra a prórroga da concesión da factoría, como parte afectada para defender os seus postos de traballo e tamén para poder contar con información de primeira man.


Sosteñen que o problema coa fábrica non é ambiental senón de interpretación xurídica da legalidade e reiteran que non hai ningunha alternativa viable para o seu traslado.


Para defender os seus postos de traballo sairán á rúa. Así acudirán este venres ao pleno da Deputación de Pontevedra, aínda que non foi autorizada a súa intervención na quenda de palabra previo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE