empresas

ElectroRayma, auxiliar de Navantia Ferrol, denuncia aos estaleiros pola falta de pagamento de 4,7 millóns de euros
ElectroRayma di verse obrigada a tomar este camiño tras "esgotar todas as vías posibles de conciliación"
Máis de 6.000 traballadores cargan contra o ERE do BBVA en 15 cidades española, cifra CC.OO.
A primeira concentración convocada polos representantes dos traballadores para protestar polo Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que levará a cabo BBVA e que supoñerá o despedimento de 3.448 empregados foi secundada por ao redor de 6.000 persoas, segundo informou Comisións Obreiras.
Acordo entre Repsol e os sindicatos, que desconvocan a protesta anunciada, para o ERTE na Coruña
Os sindicatos con representación na refinería da Coruña desconvocaron as protestas convocadas tras o acordo alcanzado coa empresa sobre o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE), que se aplicará finalmente a 112 traballadores, aínda que manteñen o seu rexeitamento ao mesmo e cualifícano de "innecesario".
Alberto Sánchez, xerente de Cetaqua Galicia: "O residuo é unha materia prima, non algo que hai que ocultar"

Alberto Sánchez, xerente de Cetaqua Galicia, explica a Galiciapress o valor dun proxecto como Ecoval, polo que apostan cada vez máis administracións e empresas, o que supón un triunfo tanto da Estratexia da Economía Circular como do modelo público-privado que impulsa a Cetaqua.

​UXT convoca dous días de folga, o 8 e o 15 de maio, nas tendas de H&M contra o ERE da firma

A Federación de Servizos, Movilidad e Consumo de UXT Coruña convocou dous días de folga, o 8 e o 15 de maio, nas tendas de H&M na provincia.

Non haberá folga en Alcoa San Cibrao...por agora: os traballadores prorrogan a paz social unha semana
Aprazan esta medida unha semana, ata o 12, tras a petición do ministerio, pero ese día volverán aos paros se non hai avances
​Ferrovial Servizos incumpre o contrato para a limpeza sanitaria e a Xunta “mira cara a outro lado”, denuncia UXT

A Unión Xeral de Traballadores denuncia os “graves incumprimentos” de Ferrovial Servizos na limpeza sanitaria.

Gadis axudará a bancos de alimentos de Galicia e Castela e León coa súa campaña 'Maio Solidario'
Supermercados Gadis activou a campaña 'Maio Solidario' para axudar a bancos de alimentos de Galicia e Castela e León. Como novidade este ano, e debido ao contexto de pandemia, inclúe a posibilidade de realizar unha doazón económica, ademais da entrega de produtos non perecedoiros.
Os sindicatos do BBVA anuncian mobilizacións contra o ERE da entidade para o 10 de maio
As organizacións sindicais con presenza na mesa de negociación do ERE de BBVA convocaron unha mobilización conxunta para o próximo 10 de maio ás 18,00 horas en Galicia.
​A campaña 'Bebé Gadis' cumpre unha década e suma máis de 70.000 canastilllas de benvida entregadas

23 persoas usuarias do centro son as responsables de confeccionar as canastillas e os ositos toalla no taller ocupacional.

A Axencia Española do Medicamento autoriza a PharmaMar a iniciar os ensaios clínicos contra o Covid-19
As accións de PharmaMar rebotaban máis dun 6% próximas as 14.30 horas tras obter a autorización da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) para o inicio do ensaio clínico de fase III Neptuno, que determinará a eficacia de plitidepsina para o tratamento de pacientes hospitalizados con infección moderada de Covid-19.
Tralusa condenada a subrogar a traballadores da liña de autobus do aeroporto de Santiago
O Xulgado do Social número 3 de Santiago condenou á concesionaria do transporte urbano, Tralusa (do Grupo Monbus), a subrogar a persoal da liña de autobús do aeroporto de Santiago de Compostela, que desempeñaban o seu labor anteriormente en Freire.
As vendas en liña non frean a caída de Adolfo Domínguez, que anuncia 19,3 millóns de perdas
Márcase como obxectivo recuperar a senda de crecemento para o exercicio actual (2021-2022) e optará a fondos europeos
Avogacía do Estado comparecerá ante a Xustiza contra Alcoa, Parter e Grupo Risco por branqueo e insolvencia
Para defender os intereses do Ministerio de Industria, que centra nas axudas públicas por compensación de custos de emisións de CO2
O Fondo Solidario de Rehabilitación Enerxética da Fundación Naturgy axuda a 1.745 familias vulnerables
Fundación Naturgy beneficiou a 1.745 familias vulnerables a través do seu Fondo Solidario de Rehabilitación Enerxética, creado hai dous anos para mellorar a eficiencia das vivendas e a calidade de vida das persoas que máis o necesitan.
Empregados de BBVA concentraranse o mércores en Santiago contra o ERE que afectará a 111 postos
CIG-Banca convocou concentracións o vindeiro mércores 28 ante as oficinas de BBVA de Santiago contra o despedimento proposto pola empresa, que afecta a 111 traballadores en Galicia.
Traballadores do naval reclaman que o buque 'Galicia' sexa transformado nos estaleiros de Navantia
Enviaron unha carta á ministra Margarita Robles coa reclamación

Operarios do sector naval de Ferrol maniféstanse e piden a Defensa que se transforme en Navantia o buque 'Galicia'

O TSXG anula o ERTE en XEAL, aplicado durante a pandemia, ao constatar a "mala fe" da compañía
A CIG chama á Xunta a que interveña para evitar a "ruína" das fábricas
A falta de microchips volve paralizar a actividade en Stellantis (PSA Vigo) desde este xoves ata luns
A dirección da planta do grupo Stellantis (antes PSA) en Vigo comunicou ao comité de empresa a decisión de estender ao fin de semana a paralización de actividade anunciada para este xoves e este venres debido a problemas de subministración derivados da chamada 'crise dos microchips (semiconductores).
O BBVA iniciará o venres as negociacións para o ERE nos seus servizos centrais e oficinas
Entende que para garantir o emprego futuro é imprescindible reducir agora a súa estrutura de custos

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE