​Gadisa inaugura tres novos Claudio Express e consolida a expansión da súa rede de franquías

Claudio Express | Foto: Gadisa Cedeira, Caldas de Reis e Vigo estrean os tres novos Claudio Express cos que Gadisa mantén a súa expansión en Galicia, cunha rede que conta xa con 206 supermercados da franquía: 121 Claudio e 85, como neste caso, Claudio Express.


|

A firma galega reafirma a súa aposta por expandirse na comunidade con tres novos Claudio, que fai crecer o número de supermercados a 206.


Ademais, desde Gadisa celebran que, estas aperturas, supoñen a creación de máis dunha ducia de novos empregos directos.


CLAUDIO EXPRESS CEDEIRA

Claudio Express | Foto: Gadisa


Cedeira, Caldas de Reis e Vigo estrean os tres novos Claudio Express cos que Gadisa mantén a súa expansión en Galicia, cunha rede que conta xa con 206 supermercados da franquía: 121 Claudio e 85, como neste caso, Claudio Express. Só con estes tres novos puntos de venda, Gadisa creou trece empregos directos.


“A xeración de emprego, principalmente en pequenos e medianos núcleos, onde contribúe a fixar poboación, é unha das características desta liña”, recalcan desde Gadisa, que só nesta primeira metade de ano abriu unha ducia de puntos de venda.


Betanzos, Carballo, Cedeira, San Pedro de Nós e Trazo na Coruña, aldas de Reis, Cuntis, Gondomar, Vilagarcía de Arousa e Vigo en Pontevedra, Taboada en Lugo e Vilamartín de Valdeorras en Ourense beneficiáronse da expansión da firma neste 2021, ademais de Asturias, cun novo supermercado en Tapia de Casariego.


“Os Claudio Express son tendas funcionais que aglutinan nun mesmo espazo unha selección de produtos para cubrir necesidades básicas. Maioritariamente están situados en estacións de servizo e o horario de apertura é moi amplo”, comentan desde a empresa.


No claso dos puntos de venda de Cedeira e Caldas de Reis, ademais dun amplo horario e dos produtos básicos, os clientes teñen outros servizos como gasolineira, boxes, túnel de lavado e butano. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE