UXT convoca dous días de folga, o 8 e o 15 de maio, nas tendas de H&M contra o ERE da firma
A Federación de Servizos, Movilidad e Consumo de UXT Coruña convocou dous días de folga, o 8 e o 15 de maio, nas tendas de H&M na provincia.
A Federación de Servizos, Movilidad e Consumo de UXT Coruña convocou dous días de folga, o 8 e o 15 de maio, nas tendas de H&M na provincia.
Ademais dos dous días de folga, o sindicato chamou aos traballadores para concentrarse na praza de Marineda City ás 12 horas.
Tenda H&M | Foto: EP
Desde o sindicato protestan contra o ERE anunciado pola compañía téxtil e a “modificación substancial das condicións de traballo” dos empregados dos establecementos.
“A compañía pretende reducir o persoal, con despedimentos nalgúns casos e de redución de horas noutros, isto no centro de Marineda City (A Coruña). En canto ao centro de Ferrol (Odeón) a empresa pretende despedir a todas as persoas traballadoras e pechar a tenda”, denuncian desde UXT.
O de H&M non é o único ERE anunciado no sector, xa que outras firmas, como Adolfo Domínguez, tamén mostraron a súa intención de aplicar medidas similares para reestruturar o seu cadro de persoal.
Escribe o teu comentario