A CIG convoca folga no BBVA o 26 de maio polo despedimento de 122 traballadores na comunidade

A CIG convocou folga no BBVA o 26 de maio en contra do ERE previsto, que supoñerá en Galicia a perda de 122 empregos e o peche de 26 sucursais.

|

O ERE proposto pola entidade bancaria significará o peche de 26 oficinas e a perda de máis dun cedntenar de empregos en Galicia.


Esta xornada de folga, para o 26 de maio, realízase no marco da convocatoria a nivel estatal xunto coas organizacións sindicais ELA, LAB, SCAT, SEC e CXT.


Unha pasada protesta de sindicalistas contra despedimentos de traballadores do BBVA

Protesta contra os despedimentos no BBVA | Foto: EP


A CIG convocou folga no BBVA o 26 de maio en contra do ERE previsto, que supoñerá en Galicia a perda de 122 empregos e o peche de 26 sucursais.

Esta xornada de folga realízase no marco da convocatoria a nivel estatal xunto coas organizacións sindicais ELA, LAB, SCAT, SEC e CXT.

Ademais, a CIG chamou a participar en mobilizacións conxuntas este mércores, 19 de maio (18,00 horas), ante oficinas da entidade na Coruña, Santiago, Vigo, Ourense e Lugo.

O sindicato apela a "plantar cara ao banco" e responder "con contundencia" ante o seu plan de despedimentos e "precarización" das condicións laborais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE