O presidente de Estados Unidos cambia por completo de discurso. Se aínda hai unha semana comparaba o COVID-19 coa gripe, agora recoñece que veñen tempos moi difíciles para a superpotencia. Os modelos matemáticos que manexa a Casa Branca predín ata 240.000 mortos. Donald Trump evita recomendar o uso de máscaras para a poboación xeral, pero recomenda usar bufandas e outras pezas para taparse a boca.
Inditex comprou respiradores, máscaras, kits de detección do virus e outro equipamento que poñerá ao dispor da loita contra a pandemia.
Son significativos os datos de positivos que publican Xunta e Ministerio? Como é posible que nunha mesma residencia de anciáns os infectados confirmados pasen de 6 a 105 nun só día? Se non había test suficientes para un grupo moi vulnerable -anciáns dunha residencia onde xa había positivos- que non estará a suceder con colectivos? Estas son algunhas das preguntas que xorden ao fío da traxedia en cernes na residencia de persoas Domus Vin de Cangas.
As áreas sanitarias de Santiago de Compostela e A Coruña apenas sofren variacións, con menos dunha vintena de positivos nas últimas 24 horas nos dous casos. En cambio, as áreas de Ferrol e Lugo sofren un repunte, con 51 e 82 novos casos respectivamente.
As cifras do Ministerio de Sanidade son relativamente positivas para Galicia este martes. Os 316 novos infectados confirmados onte é o menor incremento en varias xornadas. No Estado, o número de positivos roza os 95.000. Tras varias xornadas de datos esperazadores, os máis de 9.000 positivos da xornada supoñen un récord negativo:
A desinfección de zonas críticas, como as residencias de anciáns pero tamén aeroportos ou centros sanitarios, antóllase clave para frear unha nova propagación do virus.
Pasarán a ser residencias integradas, como as de Santiago e Baos de uMolgas, e estarán baixo o mando dun empregado público
A familia da moza de 37 anos de idade embarazada falecida este domingo no hospital, xunto ao seu bebé, tras practicárselle unha cesárea de emerxencia asegura que a moza non tiña patoloxías crónicas previas, como se indica no informe sanitario, e lamentou que non se lle fixo a autopsia antes de incinerar o corpo.
O sindicato, a través de de o grupo de funcionarios que integran “Alternativas na Xustiza”, denuncia a “opacidade ou omisión voluntario e consciente” por parte da Dirección Xeral de Xustiza de información relacionada coa expansión do coronavirus “aos representantes dos traballadores e por tanto aos traballadores”.
Con todo, en Vigo produciuse un maior ascenso nos últimos días.Pola contra, a epidemia parece ir moito máis atrasada na área sanitaria de Ferrol.
Así, as mostras de solidariedade -por caso, os balcóns solidarios-, xenerosidade –“voluntarios para o coronavirus”-, compromiso cívico – velaí a maioría do persoal da sanidade pública- e cultura democrática que brotan en todas e cada unha das esferas das sociedades española e galega animan e emocionan.