Os mellores datos de coronavirus en Galicia no últimos catro días, indica a gráfica de novos infectados


As cifras do Ministerio de Sanidade son relativamente positivas para Galicia este martes. Os 316 novos infectados confirmados onte é o menor incremento en varias xornadas. No Estado, o número de positivos roza os 95.000. Tras varias xornadas de datos esperazadores, os máis de 9.000 positivos da xornada supoñen un récord negativo:


|

As cifras do Ministerio de Sanidade son relativamente positivas para Galicia este martes. Os 316 novos infectados confirmados onte é o menor incremento en varias xornadas.


Hai que tomar esta cifra con todas as cautelas posibles. Especialmente, porque aínda onte a autonomía bateu a súa marca, con 584 novos infectados:






Galicia suma xa máis de 4.000 casos positivos.  Galiciapress estimou que se a pandemia chega a sumar uns 7.000 positivos, as UCIS do SERGAS poderían sufrir saturacións


Por agora, as camas de coidados intesivos en Galicia xa están aproximadamente á metade.


Na última semana, o número total de casos confirmados subiu nunhas 2.600 persoas en Galicia:





A curva da pandemia non termina de aplanarse nin na autonomía nin en España:



Aínda que, polo lado positivo, o ritmo de aceleración do COVID-19 parece estabilizado en Galicia. A porcentaxe de subida hoxe é do 8%, significativamente menor que nas pasadas xornadas, onde xa se notaba certa estabilización.





MALAS NOTICIAS A NIVEL ESPAÑOL

No Estado, o número de positivos roza os 95.000. Tras varias xornadas de datos esperanzadores, os máis de 9.000 positivos da xornada supoñen un récord negativo:





As cifras oficiais de Saúde Pública indican que o número de mortes en España parece estabilizado.


É un dato moi importante, pola súa fiabilidade. Mentres que en teoría o número de mortos con coronavirus que non rexistran as estatísticas debería ser pequeno, é unha evidencia que o número de positivos non reflicte a poboación infectada realmente, debido á carencia de probas e aos moitísimos casos asíntomáticos ou moi leves.


En todo caso, España segue contabilizando uns 800 falecidos ao día. Son xa case 8.200 desde o inicio da pandemia:




A nivel internacional, os falecidos en Estados Unidos, líder en positivos, están xa a piques de superar aos de China e Francia:





RObbg evoluci n de positivos de coronavirus en galicia nbsp (3)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE