Os positivos por coronavirus retárdanse na Coruña e Santiago, pero dispáranse en Lugo e Ferrol segundo a gráfica por áreas do SERGAS

As áreas sanitarias de Santiago de Compostela e A Coruña apenas sofren variacións, con menos dunha vintena de positivos nas últimas 24 horas nos dous casos. En cambio, as áreas de Ferrol e Lugo sofren un repunte, con 51 e 82 novos casos respectivamente. 


|

As áreas sanitarias de Santiago de Compostela e A Coruña apenas sofren variacións, con menos dunha vintena de positivos nas últimas 24 horas nos dous casos. En cambio, as áreas de Ferrol e Lugo sofren un repunte, con 51 e 82 novos casos respectivamente.



Ferrol foi a área sanitaria que rexistrou o primeiro contaxio máis tarde, o 9 de marzo. A Coruña, a que máis temperán, o 4 de marzo. En Vigo foi o 5 de marzo.


Mentres en case todas as áreas o número de positivos creceu paulatinamente, en Ferrol ata o domingo 29 de marzo sempre se mantiveron relativa e sorprendemente baixos ata os 79 do domingo. En apenas tres días o número de positivos de Ferrol triplicouse, cos 51 das últimas 24 horas. 


Valores similares en Lugo, que como a cidade departamental mostrou unha certa estabilidade ata hai escasos días. Con todo, na cidade amurallada desde hai unha semana a gráfica foi dando saltos preocupantes, cun record de 82 positivos nesta xornada, superando os 79 do sábado. 


CASOS CONFIRMADOS  POR ÁREAS SANITARIAS

O número de casos positivos en Galicia é de 3.758. Desgranandolos por áreas, 817 pertenencen á a de A Coruña, 371 a Lugo, 520 a Ourense, 366 a Pontevedra, 928 a Vigo, 547 a Santiago e 209

dá de Ferrol.


A pesar dos saltos significativos de Ferrol e Ourense, o resto de áreas reflicten uns datos moi esperanzadores, os mellores no últimos catro días. Áreas como Vigo caeron preto dun 66% con respecto ás dramáticas cifras do luns. Mentres, zonas como a de Pontevedra móstranse estables (dous casos menos con respecto ao luns) ou en caída, como Ourense (23 casos de diferenza entre o luns e o martes).





Pem0V novos casos diarios de coronavirus desde 13 03 2020 (4)


 

Pem0V novos casos diarios de coronavirus desde 13 03 2020 (2)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE