Accidente mortal en Poio: falece un motorista, veciño do Grove de 52 anos, ao chocar contra un turismo

Un motorista resultou ferido de consideración este mércores ao chocar contra un turismo no municipio pontevedrés de Poio, no punto quilométrico 9 da PO-308.


|

Os feitos ocorreron na tarde do mércores, ao redor das 20:15 horas, na PO-308 ao seu paso pola localidade pontevedresa.

 

Aínda que nun primeiro momento o accidentado foi trasladado consciente, o accidentado, de 52 anos, non puido repoñerse das feridas e faleceu.

 

Garda civil
Foto: Garda Civil de Poio

Un motorista faleceu este mércores ao chocar contra un turismo no municipio pontevedrés de Poio, no punto quilométrico 9 da PO-308.

Segundo informa o 112, o accidente ocorreu ao redor das 20,15 horas do mércores. Nese momento, varios particulares alertaron ao servizo do sucedido.

O 112 solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Sanxenxo, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

O ferido quedara atrapado baixo o vehículo, aínda que tras recibir as manobras de reanimación por parte dos servizos de emerxencia, recuperou parcialmente a consciencia e foi evacuado a un centro médico. Desgraciadamente, como consecuencia do impacto, o accidentado, de 52 anos e veciño do Grove, faleceu. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE