Feijóo confirma que preparan Expocoruña e o Multiusos do Sar para facelos hospitais de campaña co Ifevi na recamara

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este martes que o recinto feiral de Expocoruña e o complexo deportivo do Multiusos do Sar, en Santiago, quedarán instalados en breve como hospitais de campaña. Así mesmo, non se descarta acondicionar para o mesmo fin o Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

|

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este martes que o recinto feiral de Expocoruña e o complexo deportivo do Multiusos do Sar, en Santiago, quedarán instalados en breve como hospitais de campaña. Así mesmo, non se descarta acondicionar para o mesmo fin o Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).


Ifevi

Feijóo no Ifevi 



Nunha comparecencia 'online', Feijóo, quen participou na pasada xornada no comité clínico activado na Comunidade con motivo da crise sanitaria do coronavirus, explicou que, tras as visitas e a planificación técnica, o obxectivo é que o hospital de reforzo que máis urxe quede instalado en Expocoruña "esta fin de semana ou a principios da que vén".


Engadiu que o hospital de campaña para a capital galega tamén "ten prioridade", pero podería quedar listo uns catro ou cinco días despois. Feijóo remarcou que se recorrerá a estes hospitais de campaña esgotados os recursos e as camas que poidan ofrecer tanto a sanidade pública como a privada.


Neste momento, non descarta que tamén sexa necesario recorrer ao Ifevi, mentres que ve suficiente cobertura noutras áreas sanitarias da comunidade. As camas que se instalen nos hospitais de campaña destinaranse a hospitalización, pero non a unidades de coidados intensivos (UCI). E o obxectivo é que as distintas áreas sanitarias atendan "cos seus recursos" estas novas plantas habilitadas para atender a pacientes do COVID-19.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE