O Sergas citará a un total de 22.000 persoas do Concello de Vigo nos próximos días para a realización dun cribado poboacional masivo con test de antígenos, que se fará no Instituto Feiral da cidade (Ifevi).
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este martes que o recinto feiral de Expocoruña e o complexo deportivo do Multiusos do Sar, en Santiago, quedarán instalados en breve como hospitais de campaña. Así mesmo, non se descarta acondicionar para o mesmo fin o Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).
O alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, acusou este luns á Xunta de promover a "competencia desleal" ao comercio local dunha feira 'outlet' que tivo lugar no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), en cuxo padroado o Executivo galego conta con maioría.