Vigo e A Coruña sofren os seus peores datos de coronavirus, revela a gráfica por áreas do SERGAS

Con todo, en Vigo produciuse un maior ascenso nos últimos días.Pola contra, a epidemia parece ir moito máis atrasada na área sanitaria de Ferrol.


|

Preocupante aceleración da pandemia de COVID-19 nas dúas áreas sanitarias máis afectadas en termos absolutos, A Coruña e Vigo, con 168 e 185 novos casos confirmados o domingo. Relevante tamén que Ferrol volva a certa normalidade, con 16 casos, tras os estraños 79 positivos de onte.





Ferrol foi a área sanitaria que rexistrou o primeiro contaxio máis tarde, o 9 de marzo. A Coruña, a que máis temperán, o 4 de marzo. En Vigo foi o 5 de marzo.


Mentres en case todas as áreas o número de positivos creceu paulatinamente, en Ferrol ata o domingo 29 de marzo sempre se mantiveron relativa e sorprendemente baixos ata os 79 do domingo. Hoxe son 16 máis, unha cifra máis coherente coa serie anterior.


CASOS CONFIRMADOS  POR ÁREAS SANITARIAS


Segundo as cifras  da Xunta, o número de casos activos en Galicia ascende a 3.476. Son 807 da área sanitaria de A Coruña, 289 de Lugo, 479  de Ourense, 348 de Pontevedra, 866 de Vigo, 529de Santiago e  158 de Ferrol.


Ningunha das liñas de crecemento por áreas sanitarias dá indicios dunha retardación en termos absolutos. En termos de crecemento diario, Vigo e A Coruña son as que seguen acelerando máis, mentres que en Pontevedra parece que a cifra de novos positivos leva estabilizada xa uns xornadas. O seu ascenso é o que explica que Galicia siga batendo as súas marcas de infectados.




Pem0V novos casos diarios de coronavirus desde 13 03 2020 (4)








 

Pem0V novos casos diarios de coronavirus desde 13 03 2020 (2)




 






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE