A capital provincial sofre tres focos, cunha ducia de casos activos. Na provincia xa hai 73 casos activos, despois de que aumentase en 13 os positivos hoxe.
Galicia acaba de superar os 1.000 casos activos de coronavirus. Isto non pasaba desde o 20 de xuño, cando o país estaba na recta final da Fase 1 da desescalada. Aínda así, sendo malas as cifras de hoxe, non son tan pésimas como as de onte.
Cuantos profesionais rastrexan o coronavirus en Galicia? Galiciapress realizou esta pregunta á Consellería de Sanidade o 28 de xullo. Máis de dúas semanas e varias conversacións despois, a Xunta aínda non respondeu.
Moi malos datos outra vez do coronavirus en Galicia. Con 141 novos positivos, a comunidade bate o seu récord desde o inicio dos rebrotes. O principal problema segue estando na Coruña onde a pandemia segue acelerando con 81 novos casos, o máximo aumento rexistrado. Agora ben, o ritmo dos ascensos é preocupante en case todas as áreas. Hoxe, especialmente en Ferrol e Lugo, que suman 9 casos activos.
Ademais da innovadora - e polémica - prohibición de fumar ao aire libre cando non haxa distancia de dous metros, Sanidade establece novas regulacións para combater a aceleración do covid-19 na comarca da Coruña.
Establecementos hostaleiros da comarca, unha das máis deshabitadas de Ferrolterra, pechan as súas portas. O campamento organizado por unha AMPA xa está clausurado.
Feijóo alega que os expertos do SERGAS coinciden en que fumar supón un "risco alto de infección" para as persoas próximas a un contaxiado. Os detalles da nova prohibición serán publicados mañá.
Non haberá "polo momento" restricións á mobilidade na área sanitaria da Coruña.
Só hai dúas novidades respecto a o persoal que se salvou polos pelos na última xornada de LaLiga.Unha é Álvaro Vadillo, dianteiro procedente do Selecta contratatado ata xuño de 2023.
Moi malas cifras hoxe do coronavirus en Galicia. Hai 109 positivos novos. A maioría, 61 procedentes da Coruña, que se achega así ás temidas restricións de mobilidade. A pandemia tamén acelera en Ferrol, con 9 casos máis.
Evoluciona ben o foco de coronavirus na Coruña? Segundo edís da capital, Oleiros e Culleredo así é. As cifras mostran efectivamente certa mellora hoxe, con 35 casos activos máis, aínda que hai que lembrar que onte se igualaba o record, cun aumento de 69 casos.