Dous novos brotes de coronavirus en Barbadás e superado o de Beariz, tamén en Ourense

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) detectou senllos brotes familiares de COVID-19 na provincia de Ourense con cinco casos uno deles e catro o outro, ambos na localidade de Barbadás.

|

Hai varios menores contaxiados, así como membros das súas familias, nesta localidade da periferia da cidade de Ourense. O foco de Beariz, procedente de México, foi declarado "pechado" polo SERGAS


O Servizo Galego de Saúde (Sergas) detectou senllos brotes familiares de COVID-19 na provincia de Ourense con cinco casos uno deles e catro o outro, ambos na localidade de Barbadás.



Centro de saúde de Barbadu00e1s en Ourense

Centro de Saúde de Barbadás nunha imaxe de Google Street View


MENORES INFECTADOS

Segundo informou a área sanitaria de Ourense, un é un brote importado que afecta a cinco persoas dunha mesma unidade familiar composta por un home de 56 anos, dúas mulleres de 50 e 32 anos e dun neno e unha nena que deron positivos tras realizarlle unha proba diagnóstica preventiva.

As mesmas fontes indicaron que non presentaban sintomatoloxía e neste momento atópase en situación de illamento no seu domicilio.


SEGUNDO BROTE NA MESMA LOCALIDADE

O segundo brote tamén en Barbadás afecta a catro persoas, tres dunha mesma unidade familiar composta por dous homes de 72 e 37 anos e un neno, e outro contacto estreito nunha muller de 36 anos, que presentaba "unha leve sintomatoloxía da enfermidade".

Os cinco deron resultado positivo tras realizarlle unha proba diagnóstica PCR e neste momento, indicaron as mesmas fontes, atópanse en situación de illamento no seu domicilio.

Ante a posibilidade de novos contagios, a Consellería de Sanidade traballa "co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables a esta situación", manifestaron as mesmas fontes.

Ademais, indican que desde o centro de detección de contactos foron "identificados, estudados e controlados todos os contactos máis estreitos" que están á espera de coñecer os resultados das PCR e aos que "xa se lles recomendou corentena de 14 días" nos que permanecerán monitorados por Sanidade.

VISITAS RESTRINXIDAS EN RESIDENCIAS
Como medida preventiva, por parte da área sanitaria destacaron que Sanidade "restrinxe desde hoxe (xoves) as visitas e as saídas das dúas residencias sociosanitarias" situadas en Barbadás, así como do Centro de Día neste concello.


ELIMINADO O BROTE DE BEARIZ

Por outra banda, Sanidada considera "pechado" o brote familiar importado de México orixinado no municipio ourensán de Beariz o pasado 9 de xullo.

Os resultados das probas diagnósticas PCR de seguimento e confirmación realizadas no seu momento aos catro pacientes que estiveron en illamento domiciliario arroxaron resultado negativo, polo que "se dá por superado o brote", subliñaron as mesmas fontes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE