A listaxe completa e actualizada de positivos en escolas infantís e outros centros educativos, que a Xunta facilita ao medios pero non publica na súa web, poden descargarse aquí.
Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian que a crise que atravesa a área sanitari de Ourense supón un importante lastre na evolución da comunidade. Tras seis días de descenso diario no número de casos activos, hoxe Galicia volve arroxar datos de subida, aínda que nesta ocasión é unha subida mínima.
En contra do que comunmente se pensa, o duelo non se presenta unicamente coa morte dun ser querido. O duelo é un proceso de adaptación a unha nova situación vital, normalmente marcada por un feito concreto, que supuxo un cambio moi drástico con respecto á situación previa, un cambio negativo ou prexudicial para nós física, emocionalmente ou ambas.
Tomemos exemplo dos nosos maiores porque eles foron os que mellor entenderon a mensaxe institucional enviada nesta pandemia e soubéronse adaptar mellor ás novas circunstancias nesta segunda onda Pero empezamos dicindo que “tomemos exemplo dos nosos maiores” porque eles foron os que mellor entenderon a mensaxe institucional enviada nesta pandemia e soubéronse adaptar mellor ás novas circunstancias nesta segunda onda.
A Xunta resístese a declarar brotes de orixe escolar, a pesar de que unha escola de Ourense, As Mercedes, ten 9 positivos nunha soa aula e dúas máis fóra desa clase, e un colexio da Coruña, Obra de Atocha, ten 6 contaxiados. Mentres o indicador de contaxiados entre a comunidade educativa non universitaria sobe, baixa un pouco o número de aulas en corentena. Listaxe completa de centros afectados no interior.
A solución á crise política e sanitaria madrileña podería ter repercusións en Galicia. Hai varias cidades, Pontevedra e Ourense, que se non superan o límite establecido en Ourense, deben estar preto.
Aproveitando o evidente boom da demanda de xeles hidroalcohólicos, lanzou, baixa a marca familiar, "esencias puras que buscan identidades propias a partir dunha liña de cosmética saudable e con base científica".
Cirurxiáns de diferentes especialidades veñen avisando xa de que a enfermidade que provoca o novo coronavirus está a desmantelar a actividade cirúrxica que se realiza nos hospitais españois
Os datos do Servizo Galego de Saúde son realmente alentadores por quinta xornada consecutiva. Salvo Ourense, en ascenso, o resto de áreas sanitarias galegas arroxan datos moi positivos que levan á comunidade para sufrir un novo descenso nas súas cifras de casos activos. O máis significativo é que os descensos dos últimos días provocaron un cambio no paradigma da comunidade, cuxa evolución era ata onte lenta pero positiva. Hoxe, despois de rexistrar máis de medio centenar de casos menos, a tendencia galega é negativa.
Segundo día seguido de cifras francamente boas sobre os contagios de coronavirus en Galicia, aínda que o cómputo de descesos continúa aumentando. As medias de novos contagios e de positividade están en valores non vistos desde agosto.
As cifras que se poden deducir do parte do SERGAS de hoxe fomentan o optimismo. Certo que en domingo hubomenos probas do habitual, pero tamén é certo que a taxa de positividade é a menor desde o 7 de agosto e non había tan poucos novos diagnósticos desde o 13 de agosto.
Cales son os síntomas para sospeitar da COVID-19? Febre, Tose, Dor muscular, Náuseas, Vómitos e Diarrea (“FiToDoNaVo”), e por esa orde, importante isto para descartar outras patoloxías.
Agora ben, isto pode ser unha valoración algo pesimista, dado que a media de PCRs segue subindo, polo que é lóxico que a Xunta vaia atopando máis positivos.Se nos fixamos na media móbil a sete días de positividade, hoxe colócase no 4,4%.
Serían as malas cifras de onte e antonte só unha fochanca, produto do foco de Cambados? Os bos datos de hoxe permiten ter esperanzas de así sexa. Ademais, o SERGAS acaba de aumentar a súa capacidade para facer test, polo que debería ser capaz de cribar aínda mellor e máis rapidamente.