Dobramos a curva da segunda onda de coronavirus en Galicia? A mellora notable destes días alimenta as esperanzas



Segundo día seguido de cifras francamente boas sobre os contagios de coronavirus en Galicia, aínda que o cómputo de descesos continúa aumentando. As medias de novos contagios e de positividade están en valores non vistos desde agosto.


|

Segundo día seguido de cifras francamente boas sobre os contagios de coronavirus en Galicia, aínda que o cómputo de descesos continúa aumentando. As medias de novos contagios e de  positividade están en valores non vistos desde agosto.





Ata o luns ás 19 horas o SERGAS contabilizou 159 novos positivos. Son produto de cinco falecementos, 56 casos activos menos e 210 curacións. 


Por quinto día seguido hai máis curacións que novos contagios, algo que non sucedía desde o pico da primeira onda na primavera. 


A taxa de positividade leva tres días seguidos por baixo do 4%, algo tamén inédito este verán.


Eses 159 novos positivos implican que Galicia por vez primeira desde os rebrotes encadea dúas xornadas seguidas por baixo dos 200 contagios.


Significan todas estas cifras que Galicia dobrou a curva e xa está a baixar o pico da segunda onda do coronavirus? Vexamos o que nos indican as medias móbiles a sete días, que nos permiten seguir a evolución sen depender tanto dos números a curto prazo.



A incidencia acumulada sitúase en 119 casos por cada 100.000 galegos en dúas semanas. A metade aproximadamente é a incidencia acumulada a unha semana, 59 casos en 7 días por 100.000 habitantes. Son valores non vistos desde a última semana de agosto, a pesar de que entón se realizaban bastante menos test diarios, uns 4.000, fronte aos 5.500 de agora.


A media de novos diagnósticos naja ata 220 ao día. É o mellor valor desde o 25 de agosto. Agora ben, só leva dous días baixando notablemente, tas pasarse varias semanas estancada, mesmo con repuntes. 


A media de positividade se desmorona moito máis. Por vez primeira desde o 10 de agosto está por baixo do 4%, no 3,91%. A OMS fixa no 5% o máximo para estimar que un foco está en vías de control. Galicia leva unha semana consecutiva por baixo dese limiar. 


Isto débese en gran medida ao acelerón do SERGAS. Se a mediados de agosto, cando se empezaron a agravar os brotes, estaba a facer unhas 2.500 probas ao día, agora está a facer unha media de case 5.600. Iso a pesar de que nas últimas dúas xornadas levantou o pé do acelerador, quedándose ao redor dos 4.300.


En definitiva, os datos son cada vez máis esperanzadores, pero aínda é algo pronto para asegurar que o peor da segunda onda quedou atrás. Entre outros factores, porque estes dous últimos días de cifras moi boas coinciden con dous días de menos test -aínda que a positividade segue á baixa- e porque está por ver aínda o impacto da volta ás aulas. Ademais, a evolución é bastante dispar segundo as áreas xeográficas. Ourense é a que máis problemas sofre recentemente, con 16 brotes detectados en só unha fin de semana.



A mellora notable destes dous días déixase de ver na media móbil a 7 días da porcentaxe de cambio diario. Por vez primeira en 12 días sitúase en algarismos negativos, un -0,2%. É dicir, ao longo dunha semana está a haber máis curacións que novos positivos. Con todo, hai que lembrar que xa a mediados de mes este indicador alcanzo valores menores a cero, para despois rebotar durante algo máis dunha semana aínda que, afortunadamente, moi pouco.





HOSPITALIZADOS E DEFUNCIÓNS

Onde aínda non se percibe mellora significativa algunha é nos hospitais. A mediados de mes Galicia chegou a un pico de 221 hospitalizados pero desde entón non baixou moito. Hoxe hai dous hospitalizados máis, situando o total en 212. 


Se a evolución nos hospitais tardará varias semanas en mellorar, unha vez que se confirmou o eventual descenso da curva de contagios, máis aínda tardará a evolución dos falecementos, por desgraza. 


Tras os cinco decesos por coronavirus onte, van xa 736 mortes en Galicia pola pandemia, máis do 40% en residencias de persoas maiores.






X5qx6 porcentaxe de cambio diario de casos activos de coronavirus en galicia e a súa media m vil a 7 d as nbsp  (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE