O 80% dos pacientes recomendan a radiofrecuencia para reducir a dor

O hospital Quirónsalud Miguel Domínguez en Pontevedra dispón dunha Unidade da dor que se puxo en marcha fai máis dun ano co doutor Guillermo Petinal


|

Nabor y Guillermo Medios 2
Nabor Fernández  e Guillermo Petinal 


 

En Galicia estímase que preto de 450.000 persoas conviven con dor crónica, sobre todo mulleres e persoas maiores de 65 anos. Lumbalxias, artroses, neuropatías e fibromialxia son as doenzas máis comúns, segundo a sociedade española da dor.


 

Diversos estudos científicos probaron que o 80% dos pacientes con dor persistente atopan na radiofrecuencia “unha alternativa terapéutica eficaz, segura e duradeira para reducir a dor e mellorar a súa calidade” indica o doutor Nabor Fernández, médico anestesista.


 

Nabor Fernández Castro acaba de incorporar á Unidade da dor do hospital Quirónsalud Miguel Domínguez como reforzo ante o incremento significativo de consultas que se rexistrou nos últimos meses. “Unha vez diagnosticado, somos conscientes de que o paciente necesita unha solución terapéutica con certa celeridade, a dor persistente resulta limitante para as actividades da vida diaria”, subliña. Por iso, o hospital habilitará unha nova consulta para atender as demandas de información e diagnóstico.


 

Minimamente invasiva

A radiofrecuencia é unha técnica minimamente invasiva, mediante a que se aplica enerxía eléctrica sobre o tecido nervioso de forma controlada, co obxectivo de interromper a dor. “Entre as súas vantaxes cabe destacar unha significativa mitigación da dor, así como unha redución no consumo de analxésicos e unha mellora funcional que permite ao paciente recuperar a súa autonomía e calidade de vida”, explica o doutor Nabor.

 

Esta técnica aplícase nunha ampla gama de patoloxías como lumbalxias, cervicalgias, ciáticas, artroses facetaria, neuralgias, dores articulares periféricos (cadeira ou xeonllo), e síndromes dolorosas rexionais complexos. Dependendo o tipo de dor e da resposta individual de cada paciente, a duración do efecto analxésico oscila entre os 6 e os 18 meses.

 

A Unidade da dor púxose en marcha fai máis dun ano co doutor Guillermo Petinal, médico anestesista con ampla experiencia no tratamento da dor, na aplicación de técnicas invasivas e no uso de terapias e tecnoloxía avanzada.

 

Traballa de forma coordinado con outros especialistas: neurocirurxiáns, rehabilitadores, fisioterapeutas, traumatólogos, reumatólogos, psiquiatras, psicólogos e oncólogos co compromiso de apostar por unha abordaxe multidisciplinar no manexo da dor persistente, construír diagnóstico compartido e xerar respostas máis eficaces no manexo da dor.

 

En canto a tratamentos ofrece alternativas terapéuticas específicas e personalizadas como son os tratamentos farmacolóxicos, as infiltracións e a radiofrecuencia. O hospital Quirónsalud Miguel Domínguez dispón de máis de 20 especialidades médicas e tecnoloxía radiodiagnóstica para poder obter un diagnóstico personalizado e dar continuidade asistencial a cada paciente.


 

Sobre Quirónsalud

Quirónsalud é o grupo de saúde líder en España e, xunto coa súa matriz Fresenius-Helios, tamén en Europa. Ademais da súa actividade en España, Quirónsalud está tamén presente en Latinoamérica. Conxuntamente, conta con máis de 50.000 profesionais en máis de 180 centros sanitarios, entre os que se atopan 57 hospitais con máis de 8.000 camas hospitalarias. Dispón da tecnoloxía máis avanzada e dun gran equipo de profesionais altamente especializado e de prestixio internacional. Entre os seus centros, atópanse o Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz, Centro Médico Teknon, Ruber Internacional, Hospital Universitario Quirónsalud Madrid, Hospital Quirónsalud Barcelona, Hospital Universitari Dexeus, Policlínica Gipuzkoa, Hospital Universitari Xeneral de Catalunya, Hospital Quirónsalud Sacro Corazón, etc.
 

O Grupo traballa na promoción da docencia (dez dos seus hospitais son universitarios) e a investigación médico-científica (conta co Instituto de Investigación Sanitaria da FJD, acreditado pola Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación).

 

Así mesmo, o seu servizo asistencial está organizado en unidades e redes transversais que permiten optimizar a experiencia acumulada nos distintos centros e a translación clínica das súas investigacións. Actualmente, Quirónsalud está a desenvolver multitude de proxectos de investigación en toda España e moitos dos seus centros realizan neste ámbito un labor punteiro, sendo pioneiros en diferentes especialidades como oncoloxía, cardiología, endocrinoloxía, ginecología e neurología, entre outras.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE