Tomemos exemplo dos nosos maiores

Javier Pereira Beceiro
Urólogo Adxunto Complexo Hospitalario Universitario del Ferrol


Especialista en Uroloxía da Área Sanitaria de Ferrol Especialista en Ciruxía Laparoscópica Especialista en Medicina familiar e comunitaria Máster en Oncoloxía Urolóxica (próstata, riñón, vejiga,…) Máster en Suelo Pélvico e Incontinencia

O día 1 de outubro celebramos o Día Internacional das Persoas Maiores, e este ano, sen dúbida, vai estar marcado pola pandemia por SARS-CoV-2.


Moitos son os textos internacionais que tratan sobre os dereitos das persoas maiores.

Os Principios das Nacións Unidas en favor das persoas de idade foron establecidos pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 16 de decembro de 1991, na súa resolución 46/91, exhortándose aos gobernos a que incorporasen estes principios nos seus programas nacionais en cando fose posible. Algúns puntos saíntes dos Principios son a independencia, sempre co apoio familiar e comunitario pero fomentando a autosuficiencia, a participación activa, tanto social como política, a dignidade, vivindo libre de explotacións e malos tratos físicos ou mentais, a autorrealización, mediante o acceso a recursos educativos, culturais, espirituais e recreativos da sociedade para así poder desenvolver plenamente o seu potencial, e coidados, con acceso a servizos sociais e xurídicos que lles aseguren maiores niveis de autonomía, protección e coidado, protección familiar e comunitaria, así como atención institucional digna que lles proporcionen protección, rehabilitación e estímulo social e mental nunha contorna humana e segura


A Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea, no seu artigo 25 expón que “a Unión Europea recoñece e respecta o dereito das persoas maiores a levar unha vida digna e independente e a participar na vida social e cultural, e por suposto, política”.


Nosa Constitución Española, no seu artigo 50 asegura que as institucións “promoverán o seu benestar mediante un sistema de servizos sociais que atenderán os seus problemas específicos de saúde, vivenda, cultura e lecer”.


Creo fundamental unha Lei integral dos dereitos das persoas maiores, para promover e facer real e efctivo o acceso aos seus dereitos, e eliminar a discriminación dos maiores 


O covid-19 está testando a realidade dos nosos centros de día, das nosas residencias, públicas, concertadas e privadas, pero tamén a realidade sobre a aplicación de políticas que fomenten todos os principios que nomeei anteriormente. Sendo sobrios e serios, no medio da pandemia, este non é aínda o momento para realizar unha avaliación sociosanitaria obxectiva para detectar deficiencias e implementar cambios, libres de adoctrinamientos políticos, que busquen votos e non melloras. Si que creo fundamental unha Lei integral dos dereitos das persoas maiores, para promover e facer real e efctivo o acceso aos seus dereitos, e eliminar a discriminación dos maiores por razóns de idade.



Non saíron desbocados aos locais e comercios, praias ou rúas, nin tampouco sentiron inmunes por sentar nunha terraza coa máscara no cóbado


Pero empezamos dicindo que “tomemos exemplo dos nosos maiores” porque eles foron os que mellor entenderon a mensaxe institucional enviada nesta pandemia e soubéronse adaptar mellor ás novas circunstancias nesta segunda onda. E é rotundamente certa esta afirmación porque pasamos dunha media de idade de 79 anos na primeira onda, a unha media de 39 anos nesta segunda. Despois de sufrir os estragos do inimigo invisible que entrou en silencio nos nosos centros de día e residencias, ocasionando un drama social, sanitario, familiar e persoal, cunhas perdas insubstituíbles en vidas, os nosos maiores entenderon que a autoprotección é a base para dobregar esta pandemia. Por iso, cando finalizou o confinamento, non saíron desbocados aos locais e comercios, praias ou rúas, nin tampouco sentiron inmunes por sentar nunha terraza coa máscara no cóbado. Saíron despacito, con respecto ao inimigo invisible, sen esquecerse da súa máscara ou xel para as mans, paseando en soidade sen quitarse a súa marcarilla e evitando aglomeracións. Mesmo asumiron o sacrificio que é o non recibir o bico dun neto porque nesa interrelación pode vir o drama. E estano facendo tan, tan ben, que as estatísticas lles dan a razón e a media de idade dos pacientes afectados no noso país caeu drasticamente. Empeza o outono, e veremos que acontece cando realicemos a nosa vida en espazos pechados, pero, polo de súpeto, démosles un gran aplauso, e “tomemos exemplo dos nosos maiores”.


Mesmo asumiron o sacrificio que é o non recibir o bico dun neto porque nesa interrelación pode vir o drama. E estano facendo tan, tan ben, que as estatísticas lles dan a razón e a media de idade dos pacientes afectados no noso país caeu drasticamente.

false


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE