Boas noticias: os novos contagios de coronavirus e a positividade dos PCR caen a niveis inéditos desde agosto en Galicia


As cifras que se poden deducir do parte do SERGAS de hoxe fomentan o optimismo. Certo que en domingo hubomenos probas do habitual, pero tamén é certo que a taxa de positividade é a menor desde o 7 de agosto e non había tan poucos novos diagnósticos desde o 13 de agosto.


|

As cifras que se poden deducir do parte do SERGAS de hoxe  fomentan o optimismo. Certo que en domingo hubomenos probas do habitual, pero tamén é certo que a taxa de positividade é a menor desde o 7 de agosto e non había tan poucos novos diagnósticos desde o 13 de agosto.


Os 141 novos positivos proceden de 79 casos activos menos, 218 curacións onte e dous falecementos. É a maior caída de casos activos desde que empezaron os rebrotes, a pesar de ser onte domingo unha xornada non excepcionalmente prolija en altas.





Estes optimistas números non se deben, en principio, a que o SERGAS fixese menos PCRs en domingo. Sanidade si realizou menos test, 4.353 fronte ás 5.500 que vén realizando de media, pero a taxa de positividade aínda así foi moi baixa,  do 3,24%. 


DESCENSOS EN TODOS Os INDICADORES SEMANAIS

Como encaixan estas boas estatísticas na evolución  a nivel galego? En xeral, frean máis unha epidemia que se había estancado, ou case, a semana pasada.  En xeral, porque as tendencias varían moito por áreas. Por exemplo, hoxe Ourense e Santiago seguen á alza.


En todo caso, a nivel galego, a media móbil a sete días de novos positivos cae a 229, o seu menor valor desde finais de agosto. 


A media móbil a sete días de test positivos descende a 4,22%, a porcentaxe máis pequena desde o 11 de agosto. Galicia alcanza a súa primeira semana sen chegar ao 5% de test positivos, o máximo que estima a OMS para considerar un foco en vías de ser controlado.


A incidencia acumulada (o número de casos por cada 100.000 galegos) tamén descende. A dúas semanas queda en 119 positivos, a unha semana cae a 59 positivos.


SON BOAS CIFRAS, PERO A TENDENCIA É DUNHA CAÍDA MOI TENUE

É necesario poñer en perspectiva o optimismo que xeran estas cifras. A incidencia acumulada semanal deste luns é practicamente a mesma que do luns pasado, 59,3 fronte a 60,1. 


É dicir, o virus segue retrocedendo en termos xerais, pero de maneira moi lenta, a pesar de que hoxe a freada é máis perceptible. A mellor noticia é que esta retardación sucede á vez que o SERGAS pulveriza os seus récords de PCR. A media de test xamais superara os 5.500, barreira derrubada hoxe.


IN2IO coronavirus en galicia evoluci n recente (6)



No ámbito hospitalario, a mellora é aínda moi leve. En Galicia levamos dúas semanas movéndonos nun rango de 210-220 hospitalizados. A tendencia xeral non cae, aínda que tampouco ascende, como si o fixo inenterrumpidamente desde o inicio dos rebrotes.


Con todo, a progresiva, aínda que lenta, caída dos novos contagios asegura, en principio, que o SERGAS non debería ter ningún problema en soportar o embate desta segunda onda. Agora mesmo, con 210 encamados en planta a ocupación rolda o 3% das camas dispoñibles, sendo Galicia unha das tres comunidades con mellores cocientes. Por exemplo, en Madrid a ocupación supera o 25%, sen contar pacientes doutras doenzas.




A que tampouco mellora case nada aínda é a serie de falecementos. Onte houbo que sumar dúas mortes máis, unha na residencia As Salinas de Ourense. O total de óbitos sitúase en 731, máis de 100 desde que empezou a segunda onda. Por agora, de media, están a falecer dúas ou tres persoas cada día con covid-19 en Galicia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE