Desde o SERGAS sinálase que os aceleracións do virus noutras áreas, como en Pontevedra, non están alimentados por contagios escolares, senón no ámbito familiar e laboral. Aínda así, o número de positivos detectados entre a comunidade escolar compostelá dúas semanas despois da volta a clase de Primaria e Infantil é considerable.
Ducias de familias de varios concellos están confinadas por mor dun brote de covid na nave de Avigal no Polígono Sete Pías de Cambados, a antiga planta da conserveira Guau. Do total de 96 diagnósticos, uns 50 son de traballadores e o resto familiares e outros contactos próximos. Unha sala de descanso para comer pode ser o foco dos contagios.
"Non é fácil traballar nun país así" apuntou o presidente galego tras lembrar que os datos de Galicia son sensiblemente mellores que a media española, como se pode comprobar en esta comparativa gráfica elaborada hoxe por Galiciapress. Fíxoo na rolda de prensa tras o Consello de Xunta na que volveu eludir concretar cantos rastreadores ten a Xunta.
Unha vez que en 2021 podamos comparar os excesos de defuncións de 2020, o lóxico é esperar que a comparación sexa aínda máis favorable para Galicia.Galicia, sétima autonomía de España por poboación, é a novena no total de decesos.
Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian, por segunda xornada seguida, o ascenso no número de casos que se está experimentando na área sanitaria de Ourense e que ten ás autoridades sanitarias moi preocupadas. Esta xornada, na que o conxunto de Galicia só crece nun caso máis desde onte, os datos oscilas entre as subidas pronunciadas de Ourense e Pontevedra e as baixadas tamén significativas nas áreas de Santiago de Compostela e Lugo.
O cociente de médicos por pacientes en España deixa ao país como un dos peores da Unión Europea neste campo. Con 3,9 médicos por cada 1.000 habitantes no sistema de saúde –segundo os datos do propio Ministerio de Sanidade–, España atópase por baixo de Bulgaria, Lituania ou Grecia.
A Asociación de Directores/as de Residencias Sociais de Galicia (DiReS) atende a Galiciapress para debuxar cal é a situación na que se atopan os xeriátricos galegos, un dos elementos sobre os que a Covid-19 golpeou de forma máis sebera durante o inicio da pandemia, en metade desta segunda onda do coronavirus.
O problema non é tanto que hoxe haxa un 2,5% de casos activos máis que onte, senón que a media leva xa días acelerando, está nun incremento diario do 0,5%, cando chegou a alcanzar valores negativos hai unha semana.
Pola súa banda, a área pontevedresa pasa dos 35 novos casos do martes aos 34 de hoxe. Ferrol, con nove positivos máis, e Santiago de Compostela, con seis, tamén contribúen a este salto nos datos galegos, o que supón a maior subida na comunidade desde o 9 de setembro, cando se descubriu o brote na residencia de Outeiro de Rei.Con máis dun centenar de casos novos, a tendencia galega mantense á alza despois das subidas rexistradas nos últimos días. Estas subidas provocaron de novo un cambio de paradigma, o que se traduce en que, porcentualmente, Galicia evolucione a un ritmo do 0,5% (un 0,3% máis desde onte) cando todo parecía indicar que pronto entraría nunha evolución negativa. Ademais, cabe destacar que esta xornada tamén se rompeu o récord de PCR con 5.518 probas.
Como podemos observar a infancia é unha época na que o cerebro tende interpretar determinadas situacións como perigosas producindo por tanto situacións de ansiedade, o cal fai que moitas veces os pais estean perdidos e non saiban como manexar a situación.
A situación epidémica de moitas comunidades españois achégase ao momento crítico nos hospitais e algúns xa reclaman solucións para evitar o colapso dos seus servizos. Ante isto, moitas áreas sanitarias atopan dificultades para atopar persoal, xa que a pesar de que os sanitarios engordan as listas do paro en España os contratos laborais precarios non satisfán as demandas dos profesionais.
É o máis importante porque non é un feito puntual e que sucede, ademais, un día no que o SERGAS realizou poucos test.