O coronavirus segue desbocado na área de Pontevedra, crece en Ourense e Vigo e parece máis controlado no resto

Os casos activos de coronavirus Covid-19 en Galicia descenderon lixeiramente ata os 4.452, o que supón nove menos que este xoves, tras detectarse outros 221 positivos na Comunidade galega. Esta boa noticia a nivel galego non ten eco a nivel de Pontevedra. A aparición dun importante brote nunha fábrica de alimentos cárnicos Cambados volveu a disparar as cifras desta área e levou á Xunta a ampliar as restricións á veciña Vilanova de Arousa.

|

Os casos activos de coronavirus Covid-19 en Galicia descenderon lixeiramente ata os 4.452, o que supón nove menos que este xoves, tras detectarse outros 221 positivos na Comunidade galega. Esta boa noticia a nivel galego non ten eco a nivel de Pontevedra. A aparición dun importante brote nunha fábrica de alimentos cárnicos Cambados volveu a disparar as cifras desta área e levou á Xunta a ampliar as restricións á veciña Vilanova de Arousa.


Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este venres, os casos activos de Covid-19 descenderon nas áreas da Coruña, Lugo, Vigo, Santiago e Ferrol, mentres que aumentaron nas de Ourense (9 máis) e Pontevedra (24 máis).





Deste xeito, na área da Coruña e Cee os casos activos de coronavirus sitúanse en 1.109 --catro menos que este xoves--; na de Lugo en 630 --dez menos--; 668 na de Ourense --nove máis--, 784 na de Pontevedra e O Salnés --24 máis--, 578 na de Santiago e Barbanza --30 menos--, 511 na de Vigo --nove máis-- e 172 na de Ferrol --sete menos--.


A situación é cada vez máis preocupante na área de Pontevedra. Desde a aceleración dos rebrotes a finais de agosto, todas as áreas tiveron mellores e peores momentos, salvo Pontevedra, que leva unha escalada de casos activos continua e sen sinais de mellora. No que levamos de mes Pontevedra suma 551 casos activos máis e é xa a segunda área máis afectada de Galicia.


As mellores noticias recentemente proporciónaas a área sanitaria de Lugo. Tras a baixada de hoxe, ten 100 casos menos que a principios de mes, iso a pesar do agravamento do foco na residencia DomusVi de Outeiro de Rei.


Santiago é outra área onde a curva epidemiolóxica tende a descender. Os seus 607 casos activos actuais son 29 menos dos que había a principos de mes.  


Con todo, A Coruña é a área que máis baixou este mes, polo menos en termos absolutos, con case 300 casos activos menos. A curva de Ferrol tamén permite certo optimismo, aínda que ten uns 30 casos activos máis que a principios de mes, logrou reducilos na última semana e aínda non experimentou ningún brote moi importante.


Pola súa banda, o coronavirus segue crecendo na área de Ourense. Onte o SERGAS informou de catro novos brotes de COVID-19 detectados nos municipios de Verín, Ourense e O Barco de Valdeorras, que suman 19 casos activos.  Ourense empezou o mes con 343 casos e ten hoxe 325 máis, case o dobre.


Un pouco máis do dobre creceron os casos activos en Vigo no que levamos de mes. O ascenso da área olívica é continuo, como o de Pontevedra, pero non tan pronunciado. A gran cidade do Sur de Galicia é, con ferrol, a única urbe galega sen restricións.


FALECEMENTOS E HOSPITALIZADOS

Ata a data en Galicia curáronse 17.802 pacientes, o que supón 230 máis que este mércores e rexistráronse 726 falecementos. As últimas vítimas, notificadas este xoves, foron un home de 93 anos ingresado no Hospital de Verín e outro de 87 hospitalizado en o HULA, ademais dunha muller de 88 no seu domicilio na área sanitaria de Lugo.



O número de PCR realizadas en Galicia elévase a 452.649 fronte ás 446.098 rexistradas ata este xoves, segundo os datos facilitados por Sanidade.


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (2)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE