Datos coronavirus Galicia: os novos positivos seguen atrancados a pesar de que o SERGAS está a facer moitos máis test

Agora ben, isto pode ser unha valoración algo pesimista, dado que a media de PCRs segue subindo, polo que é lóxico que a Xunta vaia atopando máis positivos.Se nos fixamos na media móbil a sete días de positividade, hoxe colócase no 4,4%.


|

Se vostede vivise nunha cidade galega de 100.000 habitantes, durante as últimas dúas semanas o SERGAS detectaría 121 contagios na súa urbe. Un indicador, o da incidencia acumulada a 14 días, que leva tempo estancada, ou cunha ligerísima tendencia á baixa, a pesar de que moitas máis persoas están a se facer PCRs.


Os repuntes detectados onte nas áreas de Santiago e Pontevedra onte eclipsan as notables mellorías en Lugo, A Coruña e Ferrol. Así, impiden que a tendencia xeral galega baixe de maneira perceptible. Galicia queda estancada contorna a uns 235 positivos novos cada día e unha incidencia acumulada de 121 casos por cada 100.000 habitantes. 


IN2IO coronavirus en galicia evoluci n recente (5)


Imaxe da gráfica da incidencia acumulada a 14 días en Galicia, alcanzamos o pico a principios de setembro, desde entón baixa lentamente, cada vez de forma máis tenue


Os 230 novos positivos de onte proveñen de 17 casos activos menos, 2 falecementos e  245 altas. É o terceiro día cosecutivo que as altas superan aos contagios, algo que só pasara unha vez desde o inicio dos rebrotes estivais.


Con todo, se miramos a media semanal, aínda hai máis positivos novos que curacións. Iso si, moi poucos máis. Así, a pesar de que hoxe hai un 0,4% de casos activos menos, a media semanal segue en 0,3% máis cada día.





A mellor noticia é que a taxa de positividade de onte foi só do 3,77%; a máis baixa desde o 7 de agosto. Con todo, esta cifra pode ser algo enganosa, pois o SERGAS segue facendo moitos máis test que antes. Onte completou unhas 6.100 PCRs, fronte ás 5.500 que dá a media semanal.


INCIDENCIAS ACUMULADAS INCORPORADAS Ás GRÁFICAS

Galiciapress incorpora á súa gráfica diaria de indicadores do coronavirus en Galicia a incidencia acumulada a 7 e 14 días. Estas series miden o número de casos por cada 100.000 habitantes nunha semana e en dúas semanas, respectivamente. 


Para o Ministerio de Sanidade as incidencias acumuladas son os principais indicadores, base das súas gráficas. A Xunta non as publica.


calcúlaos en base aos históricos de datos do SERGAS e á cifra oficial de habitantes de Galicia a finais do ano pasado. É posible que o Ministerio use outro cociente, por exemplo o número de tarxetas sanitarias, de aí as lixeiras discrepancias. En todo caso, axúdannos a percibir a tendencia do covid-19.





A incidencia acumulada a sete días sitúase en 61,3, só tres décimas máis que onte. A 14 días sitúase en 121,9, tres décimas menos que onte. 


Ao FACER MÁIS PCRS As TENDENCIAS PODEN ESTAR DISTORSIONADAS

De todas estas cifras poderíase deducir que a pandemia está case estancada, cunha ligerísima tendencia á baixa. Agora ben, isto pode ser unha valoración algo pesimista, dado que a media de PCRs segue subindo, polo que é lóxico que a Xunta vaia atopando máis positivos.


Se nos fixamos na media móbil a sete días de positividade, hoxe colócase no 4,4%. Leva baixando inenterrumpidamente case desde o 31 de agosto e está a niveis de antes que aceleran os rebrotes. Isto indícanos que o SERGAS vai gañando músculo analítico mentres os positivos mantéñense, ou baixan un pouco. 


Con todo, a evolución  en Galicia segue sendo moi dispar xeograficamente. Hoxe os datos son anormalmente malos en Santiago de Compostela, onde se realizaron moitos test estes días, e seguen sendo moi malos en Pontevedra. Máis información en detalle das cifras por áreas aquí


HOSPITALIZADOS E FALECEMENTOS

Na fronte hospitalaria as cousas melloran levemente. Con doce hospitalizados menos hoxe, é a primeira vez en varias semanas que hai menos de 200 encamados en camas convencional, aínda que hai 33 persoas na UCI


Visto o estancamento dos casos activos e dado que os enfermos de coronavirus a penas ocupan o 3 por cento de camas, pódese afirmar que o SERGAS está lonxe de calquera risco de colapso, polo menos a medio prazo.





Parece que a serie de falecidos tamén está a mellorar un pouco. Onte faleceron dúas mulleres no HULA procedentes da Residencia DomusVi de Lugo, en Outeiro de Rei. Con todo, en tres días faleceron unicamente tres persoas, algo que non pasaba desde principio de mes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE