Pleno de negativos: Libres de coronavirus adestradores, deportista e persoal do Centro de Tecnificación Depotiva
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva terminou de realizar o 240 test serológicos a todas as persoas implicadas no inicio deste curso 2020/2021 --deportistas, adestradores ou traballadores--, que resultaron todos negativos.
Os máis de 150 atletas e o resto de persoal da instalación da Xunta faranse probas cada dúas semanas. A primeira onda de test foi un éxito.
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva terminou de realizar o 240 test serológicos a todas as persoas implicadas no inicio deste curso 2020/2021 --deportistas, adestradores ou traballadores--, que resultaron todos negativos.
Centro Galego de Tecnificación Deportiva CGTD nunha imaxe de Google Street View
En total, esta proba, que detecta os anticorpos producidos tras o contacto coa covid-19, realizouse aos 168 deportistas (105 de tecnificación e 63 de rendemento), así como a todos os seus adestradores e ao persoal que traballa no centro da excelencia competitiva de Galicia.
TEST CADA DÚAS SEMANAS
Segundo informou a Xunta, todos o test serológicos realizados son negativos, polo que o CGTD reivindícase como un espazo seguro protexido polos protocolos para evitar contagios de covid-19. Para controlar á poboación do centro, os test repetiranse cada dúas semanas.En total, o CGTD terá na tempada 2020/2021 un total de 168 prazas concedidas: 105 de tecnificación (88 de residente 1 e 17 de externo 1) e 63 de rendemento (14 de elite, 37 de externo 2 e 12 de residente 2).
Escribe o teu comentario