O rexedor vigués concede unha entrevista na que debulla a súa relación co Celta e afirma que o club celeste está "dirixido" polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e non polo presidente da entidade, Carlos Mouriño.
Os dous equipos galegos atravesan unha profunda crise de xogo que puxo contra as cordas aos seus dous adestradores, Fran Escribá e Juan Antonio Anquela, cabezas que poderían rodar o vindeiro domingo se con conseguen unha vitoria ante o seu público.
O encontro entre o goberno municipal e os veciños para aclarar as cuestións relativas ao proxecto viuse paralizado polas protestas dun grupo de manifestantes que se opoñen á construción do complexo deportivo.
A pesar das críticas vertidas desde dentro do vestiario e o corpo técnico á actuación arbitral de Prieto Iglesias, o club galego non recorrerá as expulsións do centrocampista e o central, que causarán baixa na visita dos celestes ao Wanda Metropolitano.
O centrocampista hispanobrasileiro non poderá debutar ante o Granada e estará 15 días no dique seco.
Aínda que na cúpula do club traballan para pechar o persoal nestes catro días que quedan de mercado, o rendemento dos recentemente chegados anulou calquera tipo de preocupación ao redor das contratacións.
Corina Porro, delegada da Xunta en Vigo, compareceu ante os medios vestida coa camiseta do Celta de Vigo e cargou contra o goberno municipal liderado por Abel Caballero. Porro tachou de “chapuza” a reforma do coliseo celtiña infestada de “erros, sobrecustos, atrasos, e reformas das reformas”.
A canción do grupo santiagués acumula miles de reproducións en Youtube e pode converterse nun novo himno da afección branquiazul.
O técnico celeste reclama fichaxes inmediatas para poder pechar canto antes o persoal mentres o director deportivo apura as opcións que lle ofrece o mercado, sabedor de que algunhas alternativas só cristalizarán o último día da xanela de fichaxes.
Os pupilos de Fran Escribá non tiveron o mellor das estreas en liga. Benzema, Kroos e Lucas Vázquez superaron ao cadro celeste, que maquillou o marcador cun tanto do mozo Iker Losada.
A chegada de Pape Cheikh reforza o medular celeste, pero no equipo técnico seguen esperando que se produzan máis chegadas e saídas antes de que peche o mercado.
O ganés destaca polo seu impoñente físico (1,84 cm e 80 kg), cun gran dominio do xogo aéreo, e a súa intelixencia sobre o terreo de xogo, así como pola súa axilidade e contundencia para recuperar o balón. Unhas características das que carecía o persoal dirixido por Fran Escribá.
A Xuíza de Competición, Carmen Pérez, así o indicou, autorizando a modificación das tres primeiras xornadas da competición doméstica española.
Tardou en facerse oficial unha fichaxe anunciada desde principio de verán. Santi Mina regresa a casa despois dunha exitosa etapa en Valencia, onde a pesar de crecer como futbolista nunca conseguiu facerse un sitio no once che. A cambio, Maxi Gómez fixo o camiño contrario e os seus próximos goles celebraraos en Mestalla.
Ao talentoso centrocampista danés faltáronlle a sorte e as oportunidades que agora espera atopar no Brentford inglés, que deixa 5 millóns nas arcas celtiñas.
En Vigo a actualidade pasa polo anuncio da contratación do central do Genk e por saber se Maxi Gómez acabará poñendo rumbo á capital do Turia ou se pola contra o seu próximo partido xogarao preto do Támesis.
Unha vez pechada a contratación do de Salceda de Caselas e roto o xeo coa primeira fichaxe do verán, na Sede xa miran aos seus novos obxectivos.
O Celta de Vigo ten atado a Denis Suárez, pero agora debe chegar a un acordo co Barça, que espera recadar 15 millóns.
O Celta de Vigo intensifica a súa actividade no mercado de fichaxes e o seu último obxecto de desexo xoga no Angers da liga francesa, onde podería recalar Emre Mor.