​Fumata celeste: Santi Mina xa é do Celta

Tardou en facerse oficial unha fichaxe anunciada desde principio de verán. Santi Mina regresa a casa despois dunha exitosa etapa en Valencia, onde a pesar de crecer como futbolista nunca conseguiu facerse un sitio no once che. A cambio, Maxi Gómez fixo o camiño contrario e os seus próximos goles celebraraos en Mestalla. 


|

Tardou en facerse oficial unha fichaxe anunciada desde principio de verán. Santi Mina regresa a casa despois dunha exitosa etapa en Valencia, onde a pesar de crecer como futbolista nunca conseguiu facerse un sitio no once che. A cambio, Maxi Gómez fixo o camiño contrario e os seus próximos goles celebraraos en Mestalla.


Santi mina


Santi Mina coa súa nova camiseta


O trueque fíxose oficial este domingo despois dunha longo tira e afrouxa entre as dúas entidades. A fichaxe complicouse cun último intento do West Ham, que tentou pagar a cláusula do charrúa, pero o uruguaio xa o tiña todo feito co conxunto español.



Ademais, de Santi Mina, un xogador que chega como recambio de Maxi e para apontoar a dianteira viguesa. Con Mina, chegará tamén Jorge Sáez, unha chegada que polo momento non se ha oficializado pero que pode concretarse nas próximas horas.


Tampouco transcenderon as cifras nun intercambio que deixará 14,5 millóns nas arcas do club da cidade olívica, aínda que parte dese diñeiro caerá en Defensor Sporting, club que posúe unha porcentaxe do pase de Maxi. O dianteiro galego incorporarase inmediatamente ao Celta para a pretemporada no Grove e lucirá o dorsal 22. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE