Óscar García colle os mandos do RC Celta

|

Acaba a era Escribá e empeza a era Óscar García. Os vigueses confían no ex-xogador do FC Barcelona para saír dos postos de descenso.


O equipo confirmou a fichaxe de Óscar García Junyent  ata final de tempada a media tarde deste luns. Minutos antes Fran Escribá adiantaba no seu Facebook a súa marcha do club tras a derrota en casa contra o Getafe:




O ex-mediocampista ten experiencia como adestrador en varias ligas. Tras o seu paso polo Brighton e o Watford, Óscar García colleu as rendas do Red Bull Salzsburgo, club co que logrou gañar dous Bundesligas e dúas Copas de Austria en apenas ano e medio. Os seus últimos dous equipos foron o Saint Etienne francés e o Olympiakos grego.


Óscar garcia adestrador celta vigo



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress