Joseph Aidoo e o muro defensivo do Celta de Vigo

O ganés destaca polo seu impoñente físico (1,84 cm e 80 kg), cun gran dominio do xogo aéreo, e a súa intelixencia sobre o terreo de xogo, así como pola súa axilidade e contundencia para recuperar o balón. Unhas características das que carecía o persoal dirixido por Fran Escribá.


|

O Celta de Vigo comezará a súa andaina na tempada 2019/2020 o vindeiro sábado 17 de agosto contra o Real Madrid no estadio de Balaídos. Tras unha campaña dura onde conseguiu a salvación na última xornada cun empate fronte ao Rayp Vallecano, o conxunto celeste espera pelexar por obxectivos máis ambiciosos este ano, como loitar por competicións europeas como apuntan desde sitios como 888 casa de apostas. Un proxecto deportivo ilusionante cuxo éxito pasa por reducir a sangría de goles encaixados, xa que o equipo leva tres tempadas consecutivas encaixando 60 ou máis goles. Para conseguir este obxectivo, a dirección deportiva, encabezada por Felipe Miñambres, apostou pola incorporación de Joseph Aidoo, o defensa máis caro da historia do club.


Presentacion joseph aidoo celta vigo abanca balaidos 2018 2019


Aidoo na súa presentación nunha imagel do club celtiña


Joseph Aidoo aterra en Vigo como a gran aposta da dirección deportiva para o centro da zaga. O equipo celeste ha pagado 8 millóns de euros polo central ganés de 23 anos, que chega procedente do KRC Genk belga e convértese no defensa máis caro da historia do club, superando nun millón ao mexicano Néstor Araujo. O ganés destaca polo seu impoñente físico (1,84 cm e 80 kg), cun gran dominio do xogo aéreo, e a súa intelixencia sobre o terreo de xogo, así como pola súa axilidade e contundencia para recuperar o balón. Unhas características das que carecía o persoal dirixido por Fran Escribá. Desta forma, o técnico valenciano tentará edificar o muro defensivo apoiándose na parella formada por Aidoo e Araujo, cos mozos David Costas e Jorge Saénz como alternativas.


Aos seus 23 anos, Aidoo dá un gran salto na súa curta traxectoria deportiva coa súa chegada ao Celta de Vigo. O central logrou asentarse no eixo da zaga durante a pasada tempada, a súa segunda como xogador do KRC Genk, club co que conquistou o seu primeiro título da Jupiler Prol League. Nas dúas últimas campañas disputou78 partidos co equipo belga, incluíndo encontros de Europa League. Na tempada 2013/2014 debutou no fútbol profesional co International Allies FC da liga Premier de Ghana, sendo nomeado na categoría ‘Defensor do ano’. No verán de 2015 marchouse cedido ao Hammarby Fotboll sueco, club co que fichou de forma permanente en 2016 para posteriormente ser traspasado ao fútbol belga.


Aidoo e Néstor Araujo forman a parella de centrais que previsiblemente disputarán o máximo número de partidos na tempada 2019/2020. Aos seus 27 anos, o central mexicano afronta a súa segunda tempada na máxima categoría do fútbol español. A pesar de disputar un total de 33 partidos na pasada campaña, Araujo debe dar un paso adiante en canto a rendemento para que o cadro vigués consiga a solidez defensiva necesaria para loitar polos postos altos da clasificación. Ademais dos catro centrais nomeados anteriormente, Fran Escribá contará na parcela defensiva coa presenza de futbolistas como Hugo Mallo, Lucas Olaza, David Juncà e Kevin Vázquez.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE