Mathias Jensen: o home que puido reinar en Balaidos
Ao talentoso centrocampista danés faltáronlle a sorte e as oportunidades que agora espera atopar no Brentford inglés, que deixa 5 millóns nas arcas celtiñas.
Ao talentoso centrocampista danés faltáronlle a sorte e as oportunidades que agora espera atopar no Brentford inglés, que deixa 5 millóns nas arcas celtiñas.
Jensen deixa o Celta despois dunha tempada / Foto: A liga
A de Jensen é unha desas historias do que puido ser e non foi. Unha de moitas en Vigo, para desgraza dos incondicionais celestes. Fai menos dun ano a cidade olívica amencía coa noticia de que o Celta de Vigo atara a unha das maiores promesas do futbol escandinavo: Mathias Jensen. Con todo, en once meses, o centrocampista pasou por Balaidos sen pena nin gloria, deixando tras de si unha inmensa ristra de lesións e apenas uns chispazos de talento que só deixaron intuír o potencial deste diamante en bruto que puxo rumbo a Gran Bretaña.
QUEN ERA ESE MOZO?
Jensen, ese jovencito louro que chegou a España coa bitola de ser unha fichaxe de futuro e que algunha vez viron os afeccionados do Celta pola tele, aínda que máis dun preguntouse quen era, é un xogador que en Vigo podería parecerse a Borja Oubiña: con habilidade para esconder e protexer o coiro; con talento para dirixilo e provocar perigo.
Pero na liga o paso de Jensen redúcese a pouco máis de 200 minutos, divididos en só seis partidos sen completar ningún deles, onde apenas se puido ver que clase de xogador era o danés. Sorprendentemente, este ano xogou máis coa sub-21 de Dinamarca que co Celta. Co equipo nacional, onde é capitán, disputou o Europeo sub-21, ademais de tres partidos amigables este ano. Paradoxalmente, os afeccionados celestes tiveron máis oportunidades de velo coa ‘dinamita vermella’ que co seu equipo.
E é que a Jensen faltoulle sorte. Primeiro coas lesións, que truncaron a súa progresión desde o primeiro día. Unha lesión inguinal, coa que chegou ao Celta, e unha lesión na coxa, que o tivo máis de tres meses fóra dos terreos de xogo, cortáronlle as ás. Ademais, a mala tempada do equipo tampouco animou nin a Mohamed primeiro nin a Cardoso e Escribá despois a darlle a alternativa a un raparigo de 23 primaveras. Encima, cando empezou a ter algo de protagonismo, co técnico luso no banco, chegou o cesamento do adestrador portugués e a chegada de Fran Escribá, que non aceptou experimentos no seu once.
UNHA APOSTA ERRADA; UN BO NEGOCIO
Desde que aterrou en Galicia, o seu valor de mercado foise devaluando ata os 2,5 millóns actuais, a metade do que valía cando chegou e o dobre polo que saíu rumbo ao Brentford. Con todo, non se pode dicir que Jensen fose un mal negocio. Coa súa venda o Celta recupera o investimento inicial e ademais ten a oportunidade de sacar tallada no futuro, gardándose unha porcentaxe dun futuro traspaso, polo que en Balaidos cruzan os dedos para que a rompa en terras britanicas.
Na Championship buscará relanzar a súa carreira despois de pasar practicamente un ano parado: seis partidos: cero goles; cero asistencias; cero oportunidades de demostrar a súa valía. En Vigo a extensa nómina de centrocampistas -se ben varios dos que lle tapaban están no disparadero como el, como Hjulsager e Emre Mor, que tamén deixarán o equipo en breve- pecháballe a porta. Agora terá que demostrar en Inglaterra todo o que non puido demostrar na nosa liga.
Escribe o teu comentario