​Tensión entre Escribá e Miñambres: un problema de extremos

O técnico celeste reclama fichaxes inmediatas para poder pechar canto antes o persoal mentres o director deportivo apura as opcións que lle ofrece o mercado, sabedor de que algunhas alternativas só cristalizarán o último día da xanela de fichaxes. 


|

O técnico celeste reclama fichaxes inmediatas para poder pechar canto antes o persoal mentres o director deportivo apura as opcións que lle ofrece o mercado, sabedor de que algunhas alternativas só cristalizarán o último día da xanela de fichaxes.


Nolito

O regreso de Nolito, cada vez máis lonxe


Quedan pouco menos de once días para que o mercado de fichaxes bote o peche e en Balaídos o fax non se vai a apagar ata as badaladas do 2 de setembro. A dirección deportiva traballa nun mercado onde os prezos prohibitivos marcan os ritmos das negociacións, polo que canto máis esperen máis posibilidades hai de poder acudir ás rebaixas. Unha estratexia que non contentou a Fran Escribá, o técnico celtiña, que ante os medios deixou claro que aínda que ve a política de tirar dos xogadores formados en A Sede como algo bonito e inspirador tamén o ve como unha política que “limita” ao equipo.


O preparador do Celta pediu un home de banda e un centrocampista de corte defensivo para cubrir a Okay, xa que o adiestrador valenciano da Pape Cheikh como un futbolista dun perfil máis ofensivo. A pesar desta última petición, Miñambres deixou entrever que non haberá máis incorporacións na medular e que só valoran reforzar os flancos.


Neste punto da historia aparecen Nolito e Boufal, dous xogadores que poderían volver vestir a zamarra do Celta. Con todo, o gaditano parece facerse un oco nos plans de Lopetegui e todo apunta a que seguirá no Sevilla; mentres, Boufal só cambiaría o porto de Southampton polo de Vigo se é en calidade de cedido, pero os ingleses buscan unha venda, o que complica o seu regreso a Galicia.


Outro que soou nos últimos días para sumarse ao proxecto olívico foi Samu Castillejo. Os cambios na dirección do AC Milan facían pensar que contaría con poucas oportunidades no club lombardo, pero o axente do xogador pechou calquera opción de saír da Serie A.


No apartado de saídas, non hai novidades ao redor de Beauvou, Jozabed, Sisto e Juan Hernández. Cos tres primeiros búscase unha venda e só o sevillano parece preto de abandonar o club, mentres que o francés e o danés contan con ofertas pero ningunha colma as pretensións dos xogadores. O caso de Juan Hernández é máis complicado, xa que aínda que a intención é cedelo, o maltreito xeonllo do mediapunta, da que aínda arrastra molestias, está a complicar a súa saída.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE