Tras o escándalo que salpicou a Veicar -a principal concesionaria privada de parques de bombeiros de Galicia- na Operación Enredadera, todas as deputacións provinciais -salvo a de Ourense- empezaron a recuperar o modelo de xestión pública directa. Un cambio que está a provocar problemas, polo menos en Lugo.
As investigacións da trama Enredadera en Galicia avanzan, aínda que lentamente. A Fiscalía solicita ao xuíz de instrución que chame a declarar como investigados a R.F.P, directivo da Academia Galega de Seguridade, e ao xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense; ente no que colaboran Xunta, concellos e Deputación e cuxa presidencia depende da administración de Manuel Baltar.
O corpo de bombeiros de Ourense denuncia que sufriron queimaduras durante o incendio das termas pola falta dun vestiario adecuado.
BOMFOCOGA atende a Galiciapress para explicar a problemática derivada da moficiación do Decreto 37/2006 no seu obxectivo por defender os intereses de todo o persoal forestal (preto de 1.500 traballadores) dos 267 municipios que asinaron o convenio de colaboración coa Xunta,
Bombeiros dos diferentes parques galegos acoden hoxe á manifestación en Madrid en defensa dun servizo público de emerxencias. Galicia é unha das autonomías cun sector máis privatizado, dado que a maioría dos parques comarcais son públicos pero están xestionados por concesionarias, como Veicar ou Natutecnia.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obriga ao consistorio para remunerar a un bombeiro os pluses de nocturnidade e festividade das súas vacacións e os atrasos correspondentes aos catro anos anteriores á data de reclamación. A sentenza foi facilitada polo sindicato da CIG.
Conversacións picadas a detidos na Operación Enredadera conteñen mencións a prácticas presuntamente irregulares en relación coa Deputación de Ourense. En declaracións a Galiciapress, Manuel Baltar recoñece "reunións de organización" cun dos investigados, directivo da concesionaria de parques de bombeiros, pero defende a obxectividade das adxudicacións.
O sumario da Operación Enredadera, ao que tivo acceso Galiciapress, contén varios indicios de polo menos un suposto enchufe nun dos parques de bombeiros de Galicia. Nesta operación contra a corrupción, a Policía rexistrou a sede de Veicar -xestora de 14 parques da Xunta e as deputacións- e detivo a Gerardo Feijóo, coordinador de parques e directivo da área comercial. O investigado, en declaracións a Galiciapress, defende a súa inocencia.
Portavoces oficiais do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) confirmaron hoxe a Galiciapress que todos os detidos que declararon ante o xuíz da Operación Enradedera están ou en prisión ou en liberdade provisional con cargos e medidas cautelares.
A Policía rexistrou o despacho do responsable de 14 parques de bombeiros da Xunta e as deputacións durante a Operación Enradadera, que desmantelou unha trama presuntamente corrupta en 43 concellos de toda España, incluído polo menos un galego.
Administración autonómica e Fegamp acordan a continuidade dos GES, "imprescindibles" para a atención de emerxencias no rural
Dáse por controlado un 95% do incendio e os 1.200 bombeiros que se ocupan das tarefas de extinción están centrados no 5% restante nunha zona moi complicada.
Trátase do primeiro incendio forestal da campaña de verán, aínda que non da tempada de alto risco, que comeza o 1 de xullo.