Denuncian falta de persoal nos parques de bombeiros

Tras o escándalo que salpicou a Veicar -a principal concesionaria privada de parques de bombeiros de Galicia- na Operación Enredadera, todas as deputacións provinciais -salvo a de Ourense- empezaron a recuperar o modelo de xestión pública directa. Un cambio que está a provocar problemas, polo menos en Lugo.


|

Tras o escándalo que salpicou a Veicar -a principal concesionaria privada de parques de bombeiros de Galicia- na Operación Enredadera, todas as deputacións provinciais -salvo a de Ourense- empezaron a recuperar o modelo de xestión pública directa. Un cambio que está a provocar problemas, polo menos en Lugo.


Camion bombeiros veicar elplural

Motobomba de Veicar


Segundo un comunicado remitido por un grupo de bombeiros, os recentes despedimentos no Conscorcio de Bombeiros provincial de Lugo están a provocar "falta de persoal". "Tras só 2 meses e medio do paso da xestión privada á xestión pública dos parques de bombeiros comarcais de Lugo, a deputación de Lugo xa executou algún despedimento e prevense máis", advirten.


A situación podería ir a peor ademais porque se están acabando as horas extras que poden facer os traballadores que quedan, 80 ao ano segundo a lei. 


O parque de Barreiros  ten 4 baixas por cubrir 1 delas definitiva, e Monforte de Lemos con 3 baixas por cubrir ; aseguran os bombeiros, quienen ven absurdo que se despida agora a un compañeiro interino cando se arrastran estas vacantes. "Estamos ante un aminoramiento de persoal importante que ás empresas nunca se lles permitiría, deficiencias que acaban repercutindo na poblaciòn lucense", laméntanse. 



 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE