Manifestación para acabar coa privatización dos bombeiros
Bombeiros dos diferentes parques galegos acoden hoxe á manifestación en Madrid en defensa dun servizo público de emerxencias. Galicia é unha das autonomías cun sector máis privatizado, dado que a maioría dos parques comarcais son públicos pero están xestionados por concesionarias, como Veicar ou Natutecnia.
Bombeiros dos diferentes parques galegos acoden hoxe á manifestación en Madrid en defensa dun servizo público de emerxencias. Galicia é unha das autonomías cun sector máis privatizado, dado que a maioría dos parques comarcais son públicos pero están xestionados por concesionarias, principalmente Veicar e Natutecnia.
Camión de bombeiros de Veicar, unha das grandes concesionarias en Galicia
Segundo lembra Comisións Obreiras, os bombeiros "esixirán un servizo público de emerxencias e un novo marco estatal que regule as súas competencias". Na súa opinión, os bombeiros deben ser "funcionarios de carreira coa condición de axentes de autoridade nas súas funcións".
REIVINDICACIÓNS
En Galicia, é habitual que as contratistas leven o peso da selección de persoal dos consorcios provinciais de bombeiros, abrindo a porta a casos de enchufismo.
A manifestación, apoiada pola coordinadora estatal de bombeiros, reclama "evitar a derivación dun servizo público en privado, a reversión de os servizos de bombeiros privatizados". A reivindicación é que os bombeiros "deben depender de forma administrativa e executiva directamente da administración pública competente".
Escribe o teu comentario