(VÍDEO) “Vamos que aquí non estamos ben”
Os bombeiros e brigadistas enfróntanse a condicións extremas e de gran perigo durante o seu traballo e os vídeos filmados no incendio de Mondariz son unha boa proba diso.
Os bombeiros e brigadistas enfróntanse a condicións extremas e de gran perigo durante o seu traballo e os vídeos filmados no incendio de Mondariz son unha boa proba diso.
O incendio que azoutou Mondariz foi estabilizado á primeira hora da mañá. Unha vez controlado, desactivouse a medida de desaloxo das vivendas que poderían verse afectadas polo lume. O incendio, declarado de ‘Situación 2’, iniciouse o pasado domingo 7 de outubro, afectou segundo as primeiras estimacións a 150 hectáreas e no seu control traballa un dispositivo que inclúe 32 brigadas, 21 motobomas e 10 helicopteros.
Ás veces non saen as cousas como unha pensa...Debido á escuridade da noite,ao terreo,a un cambio de vento etc. as situacións tamén se nos complican a nós.(audio). Tranquilos q estamos ben e #Brif Laza seguimos traballando en #IFSabaxansMondariz (incendio Mondariz) pic.twitter.com/bth5T1XX9h
— Diario dun Bombeiro (@BrifLaza) 7 de outubro de 2018
Para controlar o incendio diversos profesionais estiveron a traballar ao longo de toda a noite, tal e como se reflicte nos vídeos subidos á conta de Twitter ‘Diario dun Bombeiro’. Na filmación vese como os bombeiros traballan nunha escuridade total e entre eles advírtense de que non están no lugar correcto. “Vamos que aquí non estamos ben”, comenta un dos traballadores, mintas o resto da brigada confirma a retirada do terreo.
Noutro dos vídeos, onde se demostra a perigo á que se enfrontan os bombeiros e forestais nisto casos, vese como os bombeiros enfróntanse ao lume co pouco material co que contan “Pelexando coas chamas, o fume, a calor, o vento, o cansazo”, reza unha das publicacións.
A pesar d q poidan parecer as portas do inferno é o #IFSabaxansMondariz (Incendio Mondariz) e aí dentro estamos nós, #Brif Laza.Agora mesmo pelexando contra as chamas, o fume, a calor, o vento, o terreo, a vexetación, o cansazo, O LUME#ReconocimientoBrif pic.twitter.com/CYsBOsDCyA
— Diario dun Bombeiro (@BrifLaza) 7 de outubro de 2018
Unha vez máis, o gran esforzo destes profesionais logrou evitar un desastre forestal e eclógico maior.
Escribe o teu comentario